Inicio Galicia Luisa Piñeiro destaca 'o gran traballo da Xunta de Galicia en formación...

Luisa Piñeiro destaca 'o gran traballo da Xunta de Galicia en formación e inserción laboral' na clausura do obradoiro de emprego ?Lérez-Verdugo II'

0
image_gallery.jpg

A delegada territorial resalta que o Goberno galego “está a redobrar o esforzo nestas áreas especialmente nestes momentos complicados pola pandemia e co obxectivo de impulsar canto antes a reactivación”


A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, destacou hoxe, durante o acto de clausura do obradoiro de emprego Lérez-Verdugo II, “o gran traballo que está a realizar o Goberno galego nas áreas de formación, inserción e emprego dende hai moitos anos, o que permite que a nosa comunidade teña datos de ocupación moito mellores que a media de España”.

A representante autonómica explicou que para a Xunta de Galicia a creación de emprego sitúase no podio de prioridades xunto coa Sanidade e a Educación e engadiu que, por este motivo, “está a redobrar o seu esforzo na formación e na inserción laboral especialmente nestes momentos tan complicados pola pandemia, xa que temos como obxectivo principal o impulso, canto antes, da reactivación”.

Luisa Piñeiro, que estivo acompañada polo tenente de alcalde da Lama, David Carrera, e os seus homólogos de Cerdedo-Cotobade, Fernando Vázquez e Lourdes Ovelleiro, tamén quixo agradecer ao persoal desta iniciativa laboral e aos vinte alumnos-traballadores “o seu traballo ao longo deste ano, a súa responsabilidade e o bo desempeño que realizaron durante as súas prácticas nos diferentes servizos públicos”. Ademais, animou aos participantes a que aproveiten as oportunidades que lles brinda a súa gañada formación e a experiencia deste ano “para adentrarse con forza no mercado de traballo”.

Este obradoiro de emprego desenvolveuse dende o pasado mes de decembro e recuperou os seus meses de paralización polo Estado de Alarma decretado fronte á covid-19 grazas a un acordo da Xunta, que pretendía non prexudicar nin menoscabar a súa formación polos efectos da pandemia. A finalización definitiva do mesmo está programada para o próximo 10 de decembro.

Así, celebrouse durante doce meses cun investimento de 336.446€ e contou coa participación dunha vintena de persoas desempregadas dos concellos da Lama e Cerdedo-Cotobade, que realizaron a súa actividade nos módulos de Atención Sociosanitaria en Institucións Sociais e Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos.

O acto de clausura, que tivo lugar no salón de plenos da casa consistorial da Lama, celebrouse en dúas quendas para cumprir coas medidas de seguridade sanitaria, realizar un protocolo de desinfección e adaptarse á limitación de aforo para a prevención da covid-19.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre