Inicio Galicia Luisa Piñeiro destaca o "gran traballo" da Policía Autonómica na atención á...

Luisa Piñeiro destaca o "gran traballo" da Policía Autonómica na atención á cidadanía e na garantía da seguridade e o seu "infinito esforzo" no marco da crise sanitaria

0
image_gallery.jpg

A delegada territorial visita as dependencias da Xefatura Provincial de Pontevedra xunto co Comisario Xefe de Galicia, Jorge Manuel Rubal Pena


A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realizou esta mañá unha visita ás dependencias da Xefatura Provincial da Policía Autonómica, emprazada no barrio de Campolongo, para coñecer o seu funcionamento e poñerse a disposición dos integrantes deste corpo de seguridade.

A representante autonómica acudíu acompañada da secretaria territorial, Ana Ortiz, e do xefe territorial de Presidencia, Ramón Pereiro, e foi recibida polo Comisario Xefe de Galicia, Jorge Manuel Rubal Pena, e polos responsables da xefatura pontevedresa.

Tras un percorrido polas dependencias, Luisa Piñeiro destacou o “gran traballo” que está a realizar dende hai moitos anos a Policía Autonómica na atención á cidadanía e na garantía da seguridade, aínda que quixo recalcar o “infinito esforzo e a redobrada implicación” que está a desenvolver no marco da actual crise sanitaria. “Loxicamente estamos nunha situación especialmente difícil pola pandemia e, aínda que a cidadanía está a ser moi responsable, sempre quedan algunhas condutas illadas que poden chegar a malgastar o traballo de todos e, neste punto, a Policía Autonómica está demostrando a súa eficiencia, eficacia e didactismo”, manifestou.

A delegada territorial detallou que a unidade de Pontevedra está a desenvolver unha labor especialmente intensa nas fins de semana cunha media de 50 operativos e dispositivos orientados a controlar o cumprimento das medidas fronte á covid-19 para frear a transmisión dos contaxios.

Na mesma xornada, a representante autonómica tamén cursou outras visitas institucionais ás dependencias provinciais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre