Inicio Galicia Luisa Piñeiro destaca o apoio da Xunta ás escolas infantís de iniciativa...

Luisa Piñeiro destaca o apoio da Xunta ás escolas infantís de iniciativa social na visita á E.I. Saíñas de Poio, na que se invisten 168.000? este ano

0
image_gallery.jpg

A Consellería de Política Social entregoulle unha axuda de 144.273 euros para funcionamento e outra de 23.486 euros na recente liña para melloras e equipamento


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, visitou esta mañá a Escola Infantil Saíñas, en Poio, para coñecer o seu funcionamento e as melloras proxectadas nas súas instalacións grazas as axudas da Consellería de Política Social, que achegou un total de 168.000 euros en 2020. Piñeiro destacou, ademais, o “gran apoio e implicación” do Goberno galego nos centros e outras actividades de conciliación promovidas por iniciativas sociais ou benéficas.

A representante autonómica valorou, así, a “política global e integral de conciliación do Goberno galego apoiando estas iniciativas sociais, ofrecendo outras alternativas, como as casas niño, de gran importancia nas zonas rurais, e artellando facilidades para as familias a través da gratuidade total para a matrícula dos segundos fillos, que está vixente dende o pasado 1 de abril e que se implanta por vez primeira nun curso completo”.

Funcionamento e mellorasA delegada territorial explicou, tras percorrer as instalacións coas educadoras e co alcalde de Poio, Luciano Sobral, que esta escola, impulsada desde hai décadas pola Asociación Educativa Monte Saíñas, recibíu este ano 144.273€ da Xunta de Galicia para investir no seu funcionamento e na mellora das súas infraestruturas e equipamentos ao abeiro da orde de axudas do pasado mes de xullo para escolas infantís de entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro.

Nesta liña, a escola infantil de Poio recibirá unha subvención de 23.486€ que se destinará, ao longo das vindeiras semanas, á renovación de 14 fiestras e radiadores, á mellora do equipamento con estantes, zapateiro, valado móbil, termómetros dixitais, esterilizador, hidrolimpiadora e carro de comidas e á dotación de material relacionado coas novas tecnoloxías e a creación da súa páxina web.

Máis de 90 nenosLuisa Piñeiro, que puxo en valor o traballo dunha gardería con seis unidades e capacidade para acoller ata 91 cativos de 0 a 3 anos, revelou que a Consellería de Política Social vai subvencionar este ano oito actuacións de melloras e equipamentos en escolas infantís de iniciativa social nas bisbarras de Pontevedra, O Salnés e Deza-Tabeirós coa partida de 400.000€ habilitada para toda Galicia. Ademais deste centro de Poio, os outros beneficiarios son Guardería Pipo, de Pontevedra; Escola Infantil Integral Dalila, de Marín; Ceo Azul, de Bueu; Abrente, de Sanxenxo; Sonrisas y Lágrimas, de Vilanova de Arousa; Elfos, da Estrada; e María Inmaculada, de Silleda, por un importe global de máis de 164.000€.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre