A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, visitou na xornada de hoxe a exposición Facer Camiño na Casa das Campás da capital provincial e destacou a aposta transversal do executivo galego para a promoción das rutas xacobeas de Santiago de Compostela.“Esta mostra, que está a percorrer todas as cidades galegas, é unha acción máis das centos de emprendidas pola Xunta para poñer en valor a riqueza cultural, relixiosa, turÃstica e patrimonial do Camiño de Santiago de cara ao Xacobeo 2021, que vai ser unha cita decisiva para Galicia e coa que nos estamos a volcar pola súa importancia”, sinalou a representante autonómica no seu percorrido.
Esta mostra, impulsada pola ConsellerÃa de Educación, Cultura e Universidade e a Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), concÃbese como una peregrinación artÃstica na que doce prestixiosos artistas galegos asocian as súas creacións, desde diferentes perspectivas, medios expresivos e estilos, co Camiño de Santiago.
Está composta por 23 pezas, entre pinturas, esculturas e fotografÃas, de Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé DÃaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Ãbeda e Miguel Anxo Prado baixo o comisariado de Asunta RodrÃguez.