Inicio Galicia Luisa Piñeiro asiste en Pontevedra ao obradoiro inaugural do Mes da Ciencia...

Luisa Piñeiro asiste en Pontevedra ao obradoiro inaugural do Mes da Ciencia en Galego impulsado pola Consellería de Cultura

0
image_gallery.jpg

A iniciativa creativa ‘Precine’, a cargo de Raquel Queizás, abre a programación, que se estenderá durante todo este mes con outros catro eventos infantís e unha exposición


Pontevedra, 6 de novembro de 2020.- A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, asistiu esta tarde ao obradoiro inaugural da programación do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e que pretende fomentar o emprego do galego na literatura científica.

A iniciativa creativa Precine, a cargo de Raquel Queizás, desenvolveuse na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra coa asistencia dunha decena de cativos, que cubriron todas as prazas dispoñibles polas restricións de aforo ante a crise sanitaria da covid-19. A actividade consistiu nos inicios do cinema e no deseño, por parte dos rapaces, dos seus primeiros debuxos animados e de xoguetes ópticos.

A programación continuará cos obradoiros O xogo de Ender da man de novos científicos (13 de novembro); Pon a túa mellor cara con Jorge Valenciano (19 de novembro); Entre libros e xabóns a cargo de Reviravolta (20 de novembro); e CinemaKids con Juan Juste (27 de novembro). Todos eles terán lugar no espazo de actividades da planta baixa e, por seguridade sanitaria, precisan dunha inscrición previa gratuíta a través do número de teléfono 886 159 249 entre as 9,00 e as 14,00 horas.

Paralelamente, e ata o día 30 de novembro, a Biblioteca Antonio Odriozola tamén acollerá, ao abeiro deste Mes da Ciencia en Galego, a exposición Unha viaxe espacial moi especial: centro de interese sobre o espazo, que se poderá visitar na sala infantil de luns a venres en quenda de mañá e tarde e os sábados entre as 10,00 e as 14,00 horas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre