Inicio Galicia Luisa Piñeiro analiza unha decena de proxectos co alcalde de Caldas de...

Luisa Piñeiro analiza unha decena de proxectos co alcalde de Caldas de Reis na súa primeira visita institucional ao Concello

0
image_gallery.jpg

O río Umia e os saneamentos, o Camiño Portugués e os proxectos turísticos, a habilitación da Extensión Agraria e as parcelarias protagonizan o encontro


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, desprazouse esta mañá ata Caldas de Reis para realizar a súa primeira visita institucional ao Concello e manter un encontro de traballo co alcalde, Juan Manuel Rey, co que se analizaron unha decena de proxectos vencellados ao executivo galego.

Nesta xuntanza, a representante autonómica recolleu, como principais solicitudes, o estado do río Umia, incluíndo a eliminación das plantas invasoras, e o desenvolvemento de saneamentos, o acondicionamento do Camiño Portugués no treito correspondente con Arcos da Condesa e, tamén no eido turístico, a restauración da ponte romana e a construción dunha área de autocaravanas. Luisa Piñeiro, a petición do alcalde, comprometeuse a xestionar unha entrevista coa directora de Turismo de Galicia para abordar estes asuntos.

Outras peticións centráronse na axilización do convenio para o emprego da Oficina de Extensión Agraria, a execución de accións de calmado na estrada autonómica do Pousadoiro (PO-305) á altura de Sequeiros, o pechamento do campo de fútbol ou o desenvolvemento e axilización dos proxectos de concentración parcelaria.

Neste punto, a delegada territorial tamén mantivo un pequeno encontro con representantes da zona de Bemil para abordar a posibilidade de realización dun proceso de agrupación de fincas rurais e forestais para darlle continuidade, no ámbito municipal, aos de Saiar e Godos.

Finalmente, Luisa Piñeiro interesouse polo estado da consecución dos terreos, por parte do Concello de Caldas de Reis, para a ampliación do IES Aquis Celenis e do centro de saúde, que tamén funciona como Punto de Atención Continuada (PAC) para a bisbarra. Segundo lle explicou o alcalde, en ambos casos a tramitación urbanística xa foi activada, polo que agardarase ao seu remate para dar cumprimento á normativa nestes dous proxectos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre