Inicio Galicia Lugo Camerata (Luca) ofrecerá ata fin de ano catro concertos do ciclo...

Lugo Camerata (Luca) ofrecerá ata fin de ano catro concertos do ciclo 'Clásica en Familia' en colaboración coa Xunta

0

A primeira cita será co cuarteto de vento este venres, 8 de novembro, ás 20 horas no salón de actos do edificio administrativo da Ronda da Muralla


A orquestra Luca (Lugo Camerata) ofrecerá ata fin de ano catro concertos dentro do ciclo Clásica en Familia que se desenvolverán en colaboración coa Xunta de Galicia, que cede con este obxecto o salón de actos do edificio administrativo da Ronda da Muralla.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, acompañado dos integrantes da Luca, Enrique Bonet (xerente) e da intérprete de viola, Carolina García, presentaron esta mañá a programación deste ciclo de concertos.

A primeira das citas será co cuarteto de vento, e terá lugar este venres 8 de novembro, ás 20 horas. Ofrecerán un concerto duns corenta minutos, no que interpretarán pezas de Tchaikovsky, Jan Zach, Mozart e Piazzolla.“Será un achegamento a certos compositores bastante coñecidos da música clásica. Queremos facelo moi familiar”, explicou Carolina García.

O programa inclúe tamén dous concertos didácticos do cuarteto de vento, o 23 e 26 de decembro, neste caso ás 12 horas, nos que buscarán a implicación do público asistente. O ciclo completarase cunha actuación da orquestra o 1 de decembro, ás 20 horas.

Balseiro agradeceu o compromiso e iniciativa da Luca, e animou aos lucenses a sumarse a estas actuacións programadas no edificio na Xunta, todas elas de acceso libre e gratuíto, ata completar o aforo.“Para os lugueses é todo un luxo poder contar coa primeira orquestra profesional de Lugo, moi comprometida coa cidade e coa divulgación da cultura musical entre todo tipo de públicos, tamén o familiar”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre