Inicio Galicia Lorenzana Upa o liderado, a creatividade e o empoderamento feminino como catalizadores...

Lorenzana Upa o liderado, a creatividade e o empoderamento feminino como catalizadores para unha sociedade máis igualitaria

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou en Santiago de Compostela o programa Son Executiva no que participan 400 mulleres


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, vén de clausurar en Santiago de Compostela por videoconferencia o programa Son Executiva promovido pola Xunta no que nesta edición toman parte 400 mulleres. Ante elas reivindicou o liderado feminino, a súa creatividade e o empoderamento das mulleres como verdadeiros valores catalizadores do cambio cara unha sociedade máis igualitaria, afastada de estereotipos e que sirva de exemplo ás novas xeracións.

Lorenzana destacou ante as participantes -entre as que se encontran profesionais de altos cargos directivos con larga experiencia empresarial e mulleres recentemente tituladas- a importancia do emprendemento feminino como “decisión de moverse no marco da igualdade de oportunidades”.

Lembrou que a Consellería de Emprego e Igualdade apoia o empoderamento económico e social das mulleres “con actuacións tanxibles é efectivas”, como o programa Emega, “que dá pulo a medidas que favorecen á conciliación da vida persoal, familiar e laboral” que que ten financiado desde 2009 máis de 900 proxectos empresariais femininos, cun investimento de 11,2 millóns de euros, o que repercutiu na xeración de case 1.600 postos de traballo ocupados por mulleres.“A nosa aposta pola igualdade é clara e esa claridade exprésase coas cifras, con liñas básicas de actuación de cara á redución das brechas de xénero no acceso, a permanencia e a promoción no emprego”, manifestou a conselleira.

Na mesma liña, enfatizou o traballo despregado para favorecer a autonomía económica e o desenvolvemento profesional das mulleres desde a cultura da innovación -por medio do fortalecemento das competencias, que permitan acceder a empregos de calidade- así como co apoio á incorporación, á permanencia e á promoción profesional das mulleres nos ámbitos académico, científico, tecnolóxico e creativo; combatendo as fendas de xénero en todas as súas versións e mellorando sistematicamente o tecido empresarial liderado por mulleres; “tamén das mulleres rurais e do mar: esenciais para a dinamización demográfica e o crecemento económico de Galicia”, recalcou.

Tripla aposta pola mullerPara Lorenzana o programa Son Executiva da Xunta é boa mostra da decisión da Administración autonómica de impulsar o liderado, a creatividade e o empoderamento feminino, “unha tripla aposta pola que o Goberno galego traballa ferventemente e desde hai xa moitos anos”.“Queremos unha sociedade que outorgue ese liderado ás mulleres: que estean presentes nos ámbitos de decisión e de influencia das estruturas sociais, políticas, económicas e profesionais”, insistiu a conselleira, que engadiu a relevancia deste tipo de programas para promover unha “sociedade dinámica, creativa, que se afaste dos estereotipos e sirva de exemplo ás novas xeracións” e que “recoñeza o talento feminino”. “Todas e cada unha de nós somos poderosas catalizadoras de cambio: do cambio a esa sociedade que queremos”, aseverou.

O programa Son Executiva contou cunha inxección de 545.000 euros cos que se permitiu a participación de 400 mulleres. Cada ano esperta maior interese entre as mulleres que exercen postos de responsabilidade e as recentemente tituladas ás que se dirixe para orientalas na súa traxectoria profesional.

As alumnas que finalicen a formación que se imparte en materia de liderado, creatividade e empoderamento poden obter algunha das certificacións máis recoñecidas a nivel mundial do Project Management Institute.

O programa inclúe ademais un proceso de coaching individualizado para consecución de obxectivos particulares mediante o adestramento executivo conversacional.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre