Inicio Galicia Lorenzana reúnese coa Confederación Empresarial de Ourense para avaliar liñas de colaboración...

Lorenzana reúnese coa Confederación Empresarial de Ourense para avaliar liñas de colaboración e de apoio ao tecido produtivo

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo unha xuntanza telemática coa directiva da patronal ourensá


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo onte unha reunión coa presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Marisol Novoa, para abrir futuras liñas de colaboración en apoio do tecido produtivo da provincia.

Durante a xuntanza, Lorenzana comprometeuse a sentar bases dunha colaboración futura que permita arbitrar medidas en apoio ao empresariado representado pola CEO, que engloba unhas 10.000 firmas. Trasladou a firme aposta da Xunta cara á reactivación económica, a creación e o mantemento de emprego.

Neste sentido, a conselleira lembrou que o Consello da Xunta vén de dar luz verde ao Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e microempresas, que permitirá facer fronte ao actual contexto socioeconómico xerado pola covid-19. Suporá a inxección de 70 millóns de euros a microempresas e traballadores autónomos con persoal contratado ao seu cargo, que desde a declaración do Estado de Alarma teñan ou tivesen autorizado un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) pola covid-19.

A xuntanza, na que tamén estivo presente a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, así como os vicepresidentes da CEO, Rosa María Sánchez e César Blanco, e o seu secretario xeral, Jaime Pereira; permitiu sentar as bases para acometer actuacións de apoio ás empresas de Ourense e establecer unha comunicación directa coa Confederación, que permita atender as súas necesidades específicas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre