Inicio Galicia Lorenzana reivindica a igualdade como compoñente esencial de engrenaxe nas organizacións empresariais

Lorenzana reivindica a igualdade como compoñente esencial de engrenaxe nas organizacións empresariais

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe a xornada da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) ‘A igualdade, un activo na empresa’


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe por videoconferencia a xornada da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) A igualdade, un activo na empresa, onde amosou o seu convencemento de que a igualdade é verdadeiramente un activo para as organizacións empresariais e un compoñente esencial da súa engrenaxe.

Lorenzana incidiu no seu convencemento de que a igualdade, dentro e fóra da empresa, “é un eixo clave para avanzar a nivel social”. “Paréceme máis que destacable a concepción da igualdade como un activo na empresa, porque verdadeiramente é un activo”, matizou e engadiu que, ao tratarse dun “valor intrínseco á propia empresa”, constitúe “un compoñente esencial para a engrenaxe de calquera corporación” que “debe ser reivindicado de non atoparse e subliñado cando si o estea”.

A Consellería de Emprego e Igualdade, lembrou Lorenzana, presta apoio directo ao emprendemento feminino en Galicia por medio do programa Emega -beneficiou en dez anos a máis de 900 proxectos empresariais de mulleres- e co recentemente anunciado Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e microempresas. Son, segundo indicou, “verdadeiros instrumentos contra a difícil posición na que se poden atopar algunhas empresas da comunidade galega”.

A Xunta, a través do programa Emega e o VII Plan Estratéxico de Galicia para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2017-2020 traballa no crecemento de homes e mulleres en condicións igualitarias.

Na súa intervención, Lorenzana comprometeu o apoio directo e activo da Administración autonómica co tecido empresarial, potenciando o traballo conxunto entre ambos os dous mundos en prol da economía galega.

Promocionaranse, neste sentido, políticas de emprego igualitario para mulleres e homes, manterase a axuda para a prevención de riscos laborais de todo o persoal traballador, incidirase na orientación laboral a través da contratación de persoal técnico para realizar actividades de información e prospección de emprego e na promoción e nas accións formativas.

A Xunta seguirá avogando polo empoderamento individual das mulleres, así como polo impulso dunha presenza equilibrada de homes e mulleres nas esferas de decisión e influencia no ámbito económico, político, social, cultural e profesional.

Na clausura da xornada, Lorenzana amosou o compromiso da Xunta para seguir a potenciar actuacións efectivas de cara á reactivación da economía e para a promoción da igualdade dentro e fóra do ámbito profesional.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre