Inicio Galicia Lorenzana recoñece o labor das empresas de enxeñería e de servizos tecnolóxicos...

Lorenzana recoñece o labor das empresas de enxeñería e de servizos tecnolóxicos ante a situación derivada da covid-19

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo en Santiago de Compostela unha xuntanza co presidente da Asociación Galega de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (Ageinco), Daniel Prieto


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, enxalzou a importancia que as empresas de enxeñería e empresarios do sector tecnolóxico están a ter no actual contexto de pandemia, na xuntanza que vén de manter en Santiago de Compostela por videoconferencia co presidente da Asociación Galega de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (Ageinco), Daniel Prieto.

A reunión, na que ademais da conselleira, participou a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, forma parte da rolda de contactos que está a manter a titular de Emprego e Igualdade coas entidades máis representativas do tecido asociativo da Comunidade cara a elaborar iniciativas que atendan as súas necesidades.

Ageinco representa ao sector da enxeñería en Galicia de xeito autónomo. Agrupa 20 entidades e 800 profesionais, a maior parte deles cun perfil técnico con elevada cualificación. A súa misión primordial é a defensa dos lexítimos intereses dos seus asociados e dos seus profesionais no exercicio da súa actividade empresarial, así como a mellora das condicións nas que se desenvolve a actividade empresarial e a promoción do sector da enxeñería galega.

Lorenzana destacou o labor que está a desenvolver a entidade nos últimos meses nos que avogou polo teletraballo, garantindo a seguridade das persoas e os contactos coas administracións para ofrecer a súa colaboración.

A Xunta abordou coa entidade novas vías de cooperación para apoiar a formación e colocación dos seus profesionais, ao que tendeu a man cara á futura colaboración.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre