Inicio Galicia Lorenzana destaca a importancia de promover a igualdade e o emprego das...

Lorenzana destaca a importancia de promover a igualdade e o emprego das persoas en risco de exclusión social

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza coa directora territorial da Fundación Secretariado Xitano, Eva Vera


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe a importancia de promover a igualdade e o emprego das persoas en risco de exclusión social. Así, puxo en valor o traballo que desenvolve a Fundación Secretariado Xitano na xuntanza que mantivo en Santiago de Compostela por videoconferencia coa directora territorial deste colectivo, Eva Vera. A reunión forma parte da rolda de contactos que está a manter a titular de Emprego e Igualdade coas asociacións máis representativas de Galicia.

A Fundación Secretariado Xitano é unha entidade social de carácter intercultural que leva máis de 30 anos traballando pola promoción social da comunidade xitana no Estado (con implantación en 14 comunidades autónomas) e, desde o ano 2001, tamén en Galicia, onde conta con sete oficinas (A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo). Ademais, é a principal organización española e europea de intervención social con poboación xitana.

Lorenzana destacou o labor que está a desenvolver a fundación para axudar á poboación xitana no novo contexto xerado pola covid-19 e compartiu as prioridades de acción da entidade que se centra en catro ámbitos estratéxicos: a promoción social, a defensa de dereitos, a participación e a sustentabilidade.

Na xuntanza puxéronse en común as liñas de colaboración que a Xunta mantén coa Fundación Secretariado Xitano e abordaron novas vías de cooperación para apoiar a integración laboral destas persoas e promover a igualdade de oportunidades.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre