Inicio Galicia López-Chaves visita o centro sociocomunitario do Porriño

López-Chaves visita o centro sociocomunitario do Porriño

0


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe as instalacións do centro sociocomunitario do Porriño para coñecer de primeira man as obras de mellora, de pintado das paredes e mobiliario, acometidas pola Consellería de Política Social. Asemade, aproveitou para saudar á nova directora do centro, Dolores González, quen lle confirmou o crecente interese das usuarias e usuarios polas distintas actividades que ofertan.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre