Inicio Galicia López-Chaves salienta a formación e a cualificación como claves para favorecer o...

López-Chaves salienta a formación e a cualificación como claves para favorecer o acceso a empregos de calidade

0

Emprazou aos participantes do taller a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brindou” e a seguir mellorando a súa capacitación para acceder a un traballo


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou hoxe no acto de clausura dos obradoiros de emprego Maiv Garantía Xuvenil, unha iniciativa que apoiou a Xunta en colaboración coa Mancomunidade da área Intermunicipal de Vigo, e Formaweb, promovido en colaboración co Concello vigués, grazas aos que 31 menores de 30 anos recibiron formación de calidade e puideron acceder a un emprego.

Concretamente, o alumnado recibiu cualificación de cara a mellorar a súa empregabilidade e favorecer a súa incorporación ao mercado de traballo nas especialidades de comercio e marketing e deseño gráfico, no caso do Maiv Garantía Xuvenil, e configuración e publicidade de páxinas web no de Formaweb. Os mozos e mozas recibiron ademais formación complementaria en prevención de riscos laborais, alfabetización informática, sensibilización en igualdade de xénero, sensibilización medioambiental, orientación laboral e creación de empresas.

Tras recordar que os obradoiros de emprego permiten, ademais, aos participantes recibir un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado, o representante autonómico sinalou que o obxectivo é o de “seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica”.

Por último, López-Chaves puxo en valor o obxectivo do Goberno galego de reforzar os programas que favorezan o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral. Neste sentido, emprazou ao alumnado destes talleres a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lle brinda, mediante a formación, para acceder a un posto de traballo”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre