Inicio Galicia López-Chaves pon en valor a inversión de máis de un millón de...

López-Chaves pon en valor a inversión de máis de un millón de euros na recuperación da Ribeira do Berbés no Casco Vello de Vigo

0

O presidente do Consorcio Casco Vello e delegado territorial da Xunta na área visitou hoxe os números 7 e 41 da fachada marítima para interesarse polo avance das obras


O presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegado da Xunta na área territorial, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata os números 7 e 41 da Ribeira do Berbés para coñecer de primeira man o estado no que se atopan sendas edificacións.

Segundo informou, en Berbés 7 os traballos de demolición avanzan a bo ritmo, mentres que en Berbés 41, dixo, “a rehabilitación deste inmoble vai tomando forma e xa son visibles as obras de reconstrución dun edificio que se atopaba en avanzado estado de ruína”. En todo caso, o representante autonómico aproveitou a visita para por en valor a inversión de máis de un millón de euros na Ribeira do Berbés por parte do ente público, participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo Concello.

López-Chaves apuntou que organismo rehabilitador concentra agora os maiores esforzos nesta zona do casco histórico, na que se teñen adquiridos xa sete inmobles; Berbés 11,13 e 15 cedidos á Universidade, Berbés 5 á Axencia Galega de Turismo e Berbés 7, 29 e 41. Asemade, exemplificou no traballo do Consorcio Casco Vello de Vigo a política de rehabilitación que promove o Goberno galego nos cascos históricos das vilas e cidades, e recordou que o organismo que preside leva investidos máis de 40 millóns de euros na rehabilitación do conxunto do barrio histórico vigués. Con eles, o ente xa adquiriu preto de 80 inmobles -dos 232 catalogados en estado deficiente- e máis de 60 xa se rehabilitaron ou se está a traballar neles.

En resumo, obtivéronse 32 locais comerciais, cos que se pretende dinamizar a vida económica desta zona de Vigo, e 106 vivendas protexidas.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre