Inicio Galicia López-Chaves participa en Soutomaior nunha práctica de cociña do alumnado do obradoiro...

López-Chaves participa en Soutomaior nunha práctica de cociña do alumnado do obradoiro de emprego Hostalería Rio Pequeno

0


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata Obradoiro Luis Seoane no concello pontevedrés de Soutomaior para participar nunha práctica do alumnado do obradoiro de emprego Hostalería Rio Pequeno, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración cos concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén.

O representante autonómico, quen estivo acompañado polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, tivo oportunidade de felicitar a cada un dos 20 alumnos e alumnas que están a formarse en cociña e operacións básicas de restauración, aos que convidou a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles está a brindar”.

Respecto a esta edición do Hostalería Rio Pequeno, a Administración autonómica destina a este taller, no que se forman 20 desempregados dos devanditos concellos preto de 290.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre