Inicio Galicia López-Chaves anima ao alumnado do obradoiro Mos coa Mocidade a formarse para...

López-Chaves anima ao alumnado do obradoiro Mos coa Mocidade a formarse para favorecer a súa inserción laboral

0

O representante autonómico clausurou no municipio pontevedrés o taller de emprego no que se formaron 16 mozos e mozas nas ramas de carpintería e deseño web


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o municipio pontevedrés de Mos para felicitar ao alumnado que vén de rematar a súa formación no Mos coa Mocidade, o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello mosense.

No acto de clausura, o representante autonómico animou aos 16 menores de 30 anos que nos últimos seis meses recibiron formación nas ramas de carpintería e deseño web, a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brindou” e a seguir mellorando a súa cualificación para acceder a un posto de traballo. Tras resaltar o obxectivo do Goberno galego de reforzar os programas que favorezan o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral, dirixiuse á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para pór en valor a importancia da colaboración entre as administracións públicas na procura de emprego de calidade, formación, capacitación e orientación laboral.

López-Chaves reafirmou así o compromiso da Xunta cunha formación adaptada aos novos perfís profesionais e ás demandas reais e actuais do tecido empresarial e, respecto a xuventude, comprometeuse a seguir impulsando o emprego entre a mocidade, “un colectivo prioritario para a Administración autonómica”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre