Inicio Galicia Lete Lasa visita en Palas de Rei (Lugo) a sede do grupo...

Lete Lasa visita en Palas de Rei (Lugo) a sede do grupo Jim Sports, Premio Galicia Saudable 2018 á entidade privada destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa

0

Recoñece que “a colaboración da iniciativa privada é esencial no contexto actual de loita contra o sedentarismo, a obesidade e a inactividade física en todas as etapas da vida”


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, visitou as instalacións da sede central do grupo Jim Sports que na entrega dos Premios Deporte Galego 2018 celebrada o pasado 28 de novembro en Lalín recibiu o Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.Á marxe da súa faceta como distribuidor de todo tipo de artigos deportivos, a entidade liderada por Jesús Manuel Graña Gómez -Jim- esta involucrada de cheo no fomento da actividade deportiva entre os seus empregados. Por iso no 2018, baseándose nestes valores e tomando conciencia do wellness corporativo, Jim Sports comezou a proxectar a posta en marcha dun centro deportivo para os seus traballadores que inclúe un ximnasio de última xeración e unha pista de pádel exterior para que poida ser utilizada dentro da xornada laboral con total flexibilidade horaria.

Lete Lasa destacou a importancia dun modelo que permita a conciliación da vida laboral co ocio, nomeadamente coa actividade física e co deporte. Neste sentido incidiu na “inmensa cantidade” de beneficios que achega a práctica deportiva á vida persoal e enxalzou a estratexia trazada polo grupo lucense que de seguro viu aumentada a súa produción atendendo á mellora da calidade de vida dos seus traballadores. “Estamos nun contexto de loita contra o sedentarismo, a obesidade e a inactividade física en todas as etapas da vida, polo que a colaboración da iniciativa privada é esencial”, concluíu.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre