Inicio Galicia Lete Lasa valora o traballo dos clubs do Morrazo e confirma o...

Lete Lasa valora o traballo dos clubs do Morrazo e confirma o compromiso da secretaría xeral que deixou na comarca preto de 900.000 euros nos últimos dez anos para a súa actividade

0

Os clubs do Morrazo -Atletismo Vila de Cangas, Club de Mar Ría de Aldán, Club de Remo Vila de Cangas, Sociedade Deportiva Tirán, Club Taekwondo Patiño-Moaña, Sociedade Deportiva Samertolameu e Club de Taekwondo Hebe- recibiron un total de 70.549,51 euros ao abeiro da orde de equipamento deportivo

Cangas (Pontevedra), 27 de novembro de 2019-. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo no serán de hoxe unha reunión de traballo cos dirixentes dos clubs da comarca do Morrazo (Cangas, Bueu e Moaña) aos que lle explicou as diferentes liñas de subvencións das que dispón o Goberno galego para axudar ás entidades deportivas de Galicia. Ademais, o mandatario galego interesouse pola actualidade deportiva da comarca do Morrazo e sinalou que é unha zona de “capital importancia para o deporte galego por ser coñecida como o berce de grandes deportistas como o mellor olímpico español da historia, David Cal”.

Neste sentido, confirmou o compromiso da Xunta de Galicia co deporte do Morrazo como demostran os preto de 900.000 euros (869.341 euros) destinados polo Goberno galego nos últimos dez anos para clubs de Cangas, Bueu e Moaña ao abeiro da convocatoria de axudas a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Ademais, dentro da convocatoria de equipamento deportivo para o ano 2019, resolta a pasada semana e que medra un 500% con respecto a 2018, os clubs do Morrazo -Atletismo Vila de Cangas, Club de Mar Ría de Aldán, Club de Remo Vila de Cangas, Sociedade Deportiva Tirán, Club Taekwondo Patiño-Moaña, Sociedade Deportiva Samertolameu e Club de Taekwondo Hebe- recibiron un total de 70.549,51 euros.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre