Inicio Galicia Lete Lasa valora a simultaneidade da Copa del Rey e a Copa...

Lete Lasa valora a simultaneidade da Copa del Rey e a Copa de la Reina de hóckey que levan á Coruña a súa 77ª e a súa 15ª edición respectivamente

0

Lembra como en 1942 celebrábase no Leirón o primeiro partido de hóckey en Galicia e destaca como, 77 anos máis tarde, preséntase na mesma cidade a 77ª edición da Copa del Rey, unha oportunidade inmellorable para que un club galego se alce co trofeo de campión


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no sorteo da 77ª Copa del Rey e 15ª Copa de la Reina de hóckey sobre patíns que terá lugar do 19 ao 22 de marzo no Pazo dos Deportes de Riazor e que disputarán os oito mellores equipos da OK Liga -Barcelona, Deportivo Liceo, Igualada Rigat, Noia Freixenet, Reus Deportiu Miró, Garatge Plana Girona CH, Recam Làser Caldes e CP Calafell Tot L’Any- e os oito mellores equipos da OK Liga Feminina -CP Manlleu, Generali HC Palau Plegamans, Cerdanyola CH, Telecable Hockey Club, CP Voltregà Stern-Motor, CHP Bigues i Riells, CH Vila-Sana e CP Alcorcón-.

Nas súas verbas, o mandatario galego lembrou como en 1942 celebrábase na antiga sede do Sporting Club Casino -o Leirón- o primeiro partido de hóckey disputado en Galicia e destacou como, 77 anos máis tarde, preséntase na mesma cidade a 77ª edición da Copa del Rey, unha oportunidade inmellorable para que un club galego se alce co trofeo de campión.

Durante o seu discurso o secretario xeral subliñou que desde aquel primeiro partido acadáronse moitos logros como a “puxante presenza das mulleres no mundo dos patíns” e citou os éxitos de Marina Oliveras, Catuxa Castro ou o CPA de Gondomar que conseguiron medallas nos Mundiais de Barcelona e nomeadamente, de María Sanjurjo, campioa do mundo de hóckey patíns. Asemade destacou a Eduard Lamas e Ignacio Alabart que tamén foron terceiros coa selección española no Campionato Mundial de hóckey patíns.

Do mesmo xeito, resaltou a importancia do Deportivo Liceo como “o club máis laureado de Galicia” e valorou a aposta que realiza tanto pola base como polo deporte feminino. Nese sentido asegurou que o Liceo feminino “volverá emerxer para conseguir grandes éxitos na OK Liga feminina e animar a moitas nenas a que sigan os pasos das súas xogadoras”.

Segundo informou o mandatario galego, a Federación Galega de Hóckey conta co 28% de licenzas femininas, situándose por riba da media e neste ano 2020 percibe un incremento do 7% no orzamento consignado pola Xunta a través do convenio para o desenvolvemento da súa actividade deportiva.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre