Inicio Galicia Lete Lasa traslada o seu apoio a federacións e deportistas de alto...

Lete Lasa traslada o seu apoio a federacións e deportistas de alto nivel e clarifica as súas dúbidas respecto á práctica deportiva

0

Mantén unha xuntanza coas 58 federacións deportivas de Galicia primeiro e cos deportistas galegos de alto nivel despois, representados por unha trintena deles que se atopan na carreira olímpica


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo no día de hoxe unha xuntanza cos responsables das 58 federacións deportivas de Galicia e dos deportistas galegos de alto nivel, representados por unha trintena deles que se atopan na carreira olímpica pata Toquio 2020. O obxectivo de ambas as dúas xuntanzas foi amosar o apoio da Xunta de Galicia ao tecido deportivo galego e clarificar as principais dúbidas xurdidas ante a práctica deportiva tras a aprobación da Orde SND/380/2020, do 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e a Orde SND/388/2020, do 3 de maio, pola que se establecen las condicións para a práctica do deporte profesional e federado.

O secretario xeral, presidentes de federacións e deportistas de alto nivel coincidiron nas “incertezas, incoherencias, discriminacións e dúbidas” que existen e que foron remitidas ao CSD no día de onte, facendo fincapé na dificultade engadida que supuxo a publicación no Boletín Oficial do Eestado da orde ministerial do deporte profesional e federado horas antes da súa entrada en vigor. Cómpre lembrar que estas xuntanzas prodúcense 24 horas despois de que o secretario xeral mantivera unha reunión virtual co Consejo Superior de Deportes, onde trasladou a preocupación recollida no tecido deportivo galego que acumula “demasiadas dúbidas e poucas certezas” tras as ordes ministeriais aprobadas e que presentan unha “realidade deportiva de primeira e de segunda categoría onde o deporte autonómico e a competición non profesional parecen estar no segundo grupo”. A principal demanda do mandatario galego centrouse nunha forma de traballar “moi distinta” á empregada ata agora, nunha maior consideración das autonomías e nunha participación máis activa no documento de posta en marcha da actividade deportiva na contorna do Estado.

Plan de Continxecias coas federaciónsOutro dos puntos tratados coas 58 federacións deportivas galegas foi o “estado avanzado” do Plan de Continxencias e de reactivación individual para cada federación deportiva que fai posible que o estudo que planifica o futuro da actividade física e o deporte en Galicia estea a piques de rematarse. Un estudo no que se concreta en detalle, cando e como recuperar a normalidade deportiva e de competición.

O secretario xeral, que xa se entrevistou particularmente con máis dunha ducia de federacións, citou aos responsables das entidades deportivas a novos encontros para continuar avanzando na desescalada deportiva e lembrou que, desde o 17 de marzo, a Xunta de Galicia agarda a información do CSD sobre a finalización das competicións nas distintas modalidades.

Dúbidas particulares dos deportistasNo que atinxe aos deportistas galegos na carreira olímpica, trasladaron as súas dúbidas sobre as súas modalidades deportivas e sobre a aplicación das ordes ministeriais aos deportistas de alto nivel (DAN) e deportistas galegos de alto nivel (DGAN), ademais das súas necesidades de transporte máis aló do término provincial.

Participaron na reunión María Vilas (natación), Martín de la Puente (tenis en cadeira de rodas), Nico Sherazadishvili (judo), Nico González Rodriguez (vela), Roi Rodriguez (piragüismo), Saleta Fernández (atletismo), Sara Álvarez (judo), Támara Echegoyen (vela), Teresa Portela (piragüismo), Vicky Alonso (baloncesto en cadeira de rodas), Albert Martí (piragüismo), Alberto Seoane (tenis de mesa adaptado), Alberto Gaitero (judo), Alex Vidal (parataekowndo), Bea Gómez (natación), Carlos Arévalo (piragüismo), David Mouriz (baloncesto en cadeira de rodas), Estrella López (judo), Fran Garrigós (judo), Jacobo Garrido (natación adaptada), Juan Antonio Saavedra (tiro olímpico adaptado), María Bernabeu (judo), Adrián Ben (atletismo) e Agustín Alejos (baloncesto en cadeira de rodas) entre outros.

O enderezo electrónico para as consultas estritamente deportivas como consecuencia da situación de COVID-19 segue funcionado a pleno rendemento para clubs e federacións (incidencias-federacions.deporte@xunta.gal).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre