Inicio Galicia Lete Lasa supervisa o estado final do pavillón municipal de Muíños e...

Lete Lasa supervisa o estado final do pavillón municipal de Muíños e da cancha multidisciplinar de Lobeira (Ourense) tras as actuacións levadas a cabo pola Xunta

0

En total, neste 2019, a provincia de Ourense verase beneficiada por obras que superarán os 600.000 euros nun total de 12 concellos (O Carballiño, Castro Caldelas, Cenlle, A Gudiña, Laza, Lobeira, Lobios, Muíños, Riós, San Amaro, San Cibrao das Viñas e Ourense) nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de preto de 400.000 euros

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe os concellos ourensáns de Muíños e Lobeira onde supervisou as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia para a renovación de dúas instalacións deportivas como son o pavillón municipal (30.000 euros) e a nova cancha deportiva multidisciplinar (30.000 euros), respectivamente.

No caso de Muíños, o mandatario galego visitou o pavillón municipal, no lugar de Mugueimes, e comprobou o estado final das actuacións de arranxo de humidades tanto na cuberta (faldón de cuberta, fachadas laterais, faldón de lucernario central e canalóns de recollida), como no exterior (aparatos sanitarios interiores e falso teito interior). As actuacións contaron un orzamento de 30.000 euros achegados na súa integridade pola Xunta de Galicia. Tras esta actuación o pavillón polideportivo atópase adaptado ás condicións de sanidade, utilización e seguridade.

No que atinxe a Lobeira e segundo o convenio asinado o pasado mes de xuño entre as administracións local e autonómica, a Xunta de Galicia levou a cabo a construción dunha cancha deportiva multidisciplinar descuberta no lugar do Viso. A nova instalación permite a práctica deportiva de baloncesto, fútbol sala, voleibol e tenis. O orzamento disposto foi de 30.000 euros investidos tamén integramente polo Goberno galego.

A Secretaría Xeral para o Deporte realiza unha aposta decidida neste 2019 polas infraestruturas deportivas. Nos orzamentos iniciais de 2018 destinábanse un total de 2.833.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia Para o exercicio 2019, a Secretaría Xeral para o Deporte destina unha contía de 3.934.217 euros -un 40% máis que o destinado inicialmente en 2018-. En total, neste 2019, a provincia de Ourense vése beneficiada por obras que superarán os 600.000 euros nun total de 12 concellos (O Carballiño, Castro Caldelas, Cenlle, A Gudiña, Laza, Lobeira, Lobios, Muíños, Riós, San Amaro, San Cibrao das Viñas e Ourense) nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de preto de 400.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre