Inicio Galicia Lete Lasa sitúa a Ourense como líder do turismo e destaca a...

Lete Lasa sitúa a Ourense como líder do turismo e destaca a compatibilidade de usos da pista de Expourense que traerá á cidade o mellor do atletismo nacional

0

O secretario xeral para o Deporte participou na Noite do Deporte celebrada ao abeiro da vixésimo primeira edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2020

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe da Noite do Deporte celebrada ao abeiro da vixésimo primeira edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2020.

Alí destacou a pista de atletismo cuberta de Ourense como unha das mellores de España e a que conta coa tecnoloxía máis moderna, unha infraestrutura na que a Xunta investiu máis de 3,5 millóns de euros e cuxa compatibilidade de usos permite poñer en marcha eventos como esta vixésimo primeira edición de Xantar e, dentro de tres semanas, o LVI Campionato de España Absoluto de Atletismo en Pista Cuberta 2020 con bazas tan importantes para Galicia como Ana Peleteiro, Adrián Ben, Belén Toimil, Saleta Fernández, Tariku Novales, Solange Pereira ou Mauro Triana entre os mellores atletas do país.

Tocante ao turismo galego, o secretario xeral destacou 2019 como un ano de récord que impulsou a Galicia como a comunidade na que máis medrou o sector en todo o Estado, cun incremento do 6% tanto na cifra de turistas como no volume de pernoitas. Deste xeito lembrou que en 2019 tiveron lugar na cidade de Ourense a terceira edición do Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia e a primeira do Congreso Ibérico de Turismo Deportivo que congregaron a 10.000 persoas e 300 asistentes respectivamente. “Ambos os dous eventos tiveron lugar aquí, neste espazo da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, en pleno mes de novembro e facendo gala da desestacionalización do turismo galego que provoca que medren os nosos visitantes nas tempadas media e baixa”, dixo.

Lete Lasa tamén valorou outros “esforzos da Xunta por converter a Ourense e a súa contorna nunha atracción turística e deportiva líder”. Neste sentido lembrou que no verán de 2020 a remodelación profunda, estética e funcional do Pavillón dos Remedios cun investimento de 2 millóns de euros e as novas instalacións deportivas do Complexo de Monterrei que terán un orzamento dun millón de euros, estarán rematadas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre