Inicio Galicia Lete Lasa recoñece que ?o fútbol crece como o primeiro deporte do...

Lete Lasa recoñece que ?o fútbol crece como o primeiro deporte do mundo grazas ás nenas e ás mulleres que o practican? no 25 aniversario do Atlético Arousana

0

Destaca o papel do equipo de Vilagarcía e das súas xogadoras para “abrir o camiño a tantas outras, e estas a moitas máis, creando oportunidades co compromiso de todos”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe no 25 Aniversario do Club Atlético Arousana de Fútbol Feminino. No acto celebrado no Salón García, o mandatario galego recoñeceu que “o fútbol crece como o primeiro deporte do mundo, gracias tamén ás nenas e ás mulleres”.

Do mesmo xeito destacou os “números realmente impactantes dunha expansión do fútbol feminino que é imparable” como que no último Mundial absoluto feminino de Francia marcáronse 146 goles, só 23 menos que en Rusia 2018, baténdose “récords de audiencia en televisións e de cobertura mediática”.

No caso galego, o secretario xeral destacou a figura de pioneiras como Irene González Basanta ou de auténticas referentes como as internacionais Vero Boquete, Malena Mieres, Nuria Rábano e Tere Abelleria. Neste sentido destacou que “6.731 nenas e mulleres teñen licenza de fútbol en Galicia, pero queremos teñen que ser moitas máis”.

Tocante ao club Atlético Arousana, recoñeceu que son estes equipos e xogadoras “as que abren o camiño a tantas outras, e estas a moitas máis, creando oportunidades co compromiso de todos”. “O da Xunta de Galicia é, por suposto, seguir traballando cos vosos clubs para que, cada día, mais nenas e mulleres teñan posibilidades reais de practicar este deporte, e de participar do seu goberno e do crecemento”, emgadiu.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre