Inicio Galicia Lete Lasa recoñece o labor das federacións e agarda que a partida...

Lete Lasa recoñece o labor das federacións e agarda que a partida para os seus convenios, que xa supera os 45 millóns en dez anos, siga medrando

0

Para o ano 2020, o orzamento total da Secretaría Xeral para o Deporte chega aos 25,3 millóns de euros, un 31% máis que en 2017


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou hoxe nas xornadas ‘ As federacións somos parte do xogo’ organizadas pola Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega) e que tiveron lugar no Estadio Vero Boquete. Alí, o mandatario galego recoñeceu o traballo das federacións en prol do deporte galego e lembrou as súas funcións propias e delegadas para asegurar que as federacións son, “máis que parte do xogo, unha parte imprescindible do noso tecido deportivo”.

Neste sentido lembrou que a pesar da baixada orzamentaria producida en 2008 debido á crise financeira mundial, a Xunta de Galicia recupera paulatinamente as súas contas e para o ano 2020, o orzamento total da Secretaría Xeral para o Deporte chega aos 25,3 millóns de euros, un 31% máis que en 2017.

Para demostrar a importancia que teñen as federacións deportivas para a Xunta, comparou como no ano 2009, destináronse aos convenios coas federacións deportivas un total de 4.951.743 euros, e “hoxe, cun orzamento inferior, as federacións deportivas levan máis cartos neste concepto (sumando os patrocinios de Xacobeo, Igualdade e o 640, partidas que non existían daquela) acadando os 4.999.132 euros”. En total, dixo, as federacións deportivas galegas levan recibindo da a Xunta a través dos convenios un total de 45,5 millóns de euros nos últimos dez anos, sendo outros capítulos os que soportaron a caída orzamentaria. O secretario xeral amosou o seu convencemento, ademais, de que o vindeiro ano a partida destinada aos convenios coas federacións deportivas seguirá medrando.

O responsable da carteira deportiva sinalou que a Unión de Federacións Deportivas merece tamén o recoñecemento que teñen as federacións por parte da Xunta e lembrou como, no ano 2015, modificouse a devandita Lei do Deporte no seu artigo 60 que regula as asociacións de federacións deportivas galegas para recoñecer este tipo de sociedades. A propia Lei do Deporte anima ás federacións deportivas a “asociarse entre si para o mellor cumprimento dos seus fins deportivos ou para o establecemento de estruturas de asistencia técnica ou administrativa comúns”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre