Inicio Galicia Lete Lasa recibe os galegos campións de España por autonomías de motocrós

Lete Lasa recibe os galegos campións de España por autonomías de motocrós

0


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu os integrantes da selección galega de motocrós que veñen de acadar a medalla de ouro no Campionato de España por Autonomías celebrado na Bañeza, León.

A selección conformada polos pilotos Sergio Fernández García, Rubén Fernández García e Yago Martínez Nogueira, que non puido asistir á visita, estivo encabezada polo adestrador Paco Peto.

Lete Lasa fixo fincapé nos éxitos do motociclismo galego nas últimas datas e gabou a importancia deste novo éxito que se une aos conseguidos por Gabriel Marcelli ou Jorge Prado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre