Inicio Galicia Lete Lasa recibe na Casa do Deporte aos últimos campións galegos de...

Lete Lasa recibe na Casa do Deporte aos últimos campións galegos de xadrez

0


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu hoxe na Casa do Deporte a tres dos últimos campións galegos de xadrez aos que felicitou polos seus recentes éxitos e animou a que continúen “adestrando e mellorando para contribuír ao excelente momento que vive o deporte galego”.

A delegación de xadrecistas, capitaneada polo presidente da Federación Galega, Gaspar Pérez, contou coa presencia do subcampión de España coa selección infantil e medalla ao mellor primeiro taboleiro, ademais de campión de España sub14 e terceiro clasificado no Campionato do Mundo de xadrez lóstrego na categoría sub14 open, Rubén Fernández López, o subcampión de España coa selección infantil e sexto clasificado no Campionato do Mundo de xadrez lóstrego sub14 open, Pablo López Varela, e a subcampioa de España coa selección infantil, Paula Suárez Gómez.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre