Inicio Galicia Lete Lasa presenta o LXXX Campionato Galego Absoluto de tenis que terá...

Lete Lasa presenta o LXXX Campionato Galego Absoluto de tenis que terá lugar no Círculo Mercantil de Vigo

0


Vigo, 18 de xullo de 2019.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou hoxe o LXXX Campionato Galego Absoluto, X Memorial Antonio Santorio, xunto co Campionato Galego Benxamín de tenis e unha proba do circuíto Babolat de tenis Alevín, Infantil, Cadete e Júnior que terán lugar no Círculo Mercantil de Vigo desde mañá, 19 de xullo.

O Campionato Galego reunirá un total de 324 inscritos sendo o evento de tenis galego máis importante do ano. O evento está organizado pola Federación Galega de tenis e conta co apoio da Xunta de Galicia. No campionato póñense en xogo entre outros, os títulos absolutos feminino e masculino individual, títulos que determinan aos dous mellores xogadores galegos do ano. En categoría feminina parten como favoritas as cabezas de serie Uxia Martínez e Carla do Barrio mentres que en masculino hai grandes nomes propios como Roberto Rodríguez, Tomás Currás, David Cao, Rodrigo Figueroa, Rafael Izquierdo, Simón Arca e Luís Fernández Labarta.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre