Inicio Galicia Lete Lasa presenta o Campionato galego de campo a través e destaca...

Lete Lasa presenta o Campionato galego de campo a través e destaca o crecemento do programa Xogade cun 120% máis de nenos e nenas desde 2009

0

Os 400 nenos e nenas que competirán o sábado no Complexo Deportivo de Monterrei chegan a esta cita tras clasificarse entre 32.000 rapaces nos sesenta eventos de fases previas, comarcais e provinciais


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou esta mañá o Campionato Galego de campo a través do programa XOGADE que se disputará o vindeiro sábado 16 no Complexo Deportivo de Monterrei e reunirá a preto de 400 nenos e nenas das catro provincias -103 da provincia de Pontevedra, 99 da provincia da Coruña, 90 da provincia de Lugo e outros 90 da provincia de Ourense-. O máximo responsable do deporte galego volveu a vista atrás para lembrar os inicios do programa XOGADE en 2009 cando unha “renovada” Xunta de Galicia deseñou esta ferramenta “para xuntar toda a oferta deportiva e competitiva, escolar e federada, nun programa lúdico e participativo para os escolares dos centros de toda Galicia”. Naquel momento, dixo o secretario xeral, a Xunta contaba con 57.009 nenos e nenas mutualizados ao abeiro do programa, “hoxe conta con 126.350, un 120% máis que naquel primeiro ano”, informou.

Neste sentido, o titular da carteira de Deporte da Xunta incidiu no incremento do investimento destinado ao seguro deportivo que dá cobertura aos galegos e galegas entre idades de 6 a 16 e do que se fai cargo a Secretaría Xeral para o Deporte. Neste 2019, apuntou, “a prima do seguro alcanza un investimento de 1.750.000 segundo a licitación coa empresa adxudicataria na que se acadaron máis e mellores coberturas”. Do mesmo xeito lembrou que en 2009 destinábanse a este respecto 190.000 euros polo que a partida que se ocupa do seguro medrou un 821%.

José Ramón Lete Lasa tamén incidiu na importancia do programa XOGADE como actividade paralela ao Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable, xa que acadar que o deporte se converta en hábito dos máis cativos garante a mellora “das nosas estatísticas contra a obesidade e as enfermidades provocadas polo sedentarismo”.

Os 400 nenos e nenas que competirán o sábado no Campionato Galego de campo a través , tanto nas modalidades individual e por equipos nas categorías alevín, infantil e cadete, chegan a esta cita tras clasificarse nos sesenta eventos de cross previos do XOGADE entre fases previas, comarcais e provinciais. Nesta tempada, o cross conta con máis de 32.000 nenos e nenas inscritos.

Ao fío desta idea, Lete Lasa valorou a “amplísima oferta” que se fai desde o programa XOGADE e manifestou que “aínda pode ser maior”, atendendo ás “demandas dalgunhas federacións que solicitan maior presenza dos seus deportes no ámbito escolar”. “Por iso estudamos a posibilidade de ampliar a oferta do XOGADE coa incorporación de novas modalidades deportivas como o remo indoor que está a ter unha gran acollida”, anunciou.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre