Inicio Galicia Lete Lasa presenta a semana galega da vela como unha ?Oportunidade única?...

Lete Lasa presenta a semana galega da vela como unha ?Oportunidade única? para ver o mellor deporte na ría de Arousa, ?un dos tesouros naturais da nosa terra?

0

A Secretaría Xeral para o Deporte leva investidos preto de 2,5 millóns de euros na Real Federación Galega de Vela desde 2009; este crecemento consolídase este ano cunha achega de 244.603 euros, un 11% máis que en 2018


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe da presentación da Semana Galega da Vela que terá ligar os vindeiros 5, 6 e 7 de xullo na Ría de Arousa á que o responsable do Deporte autonómico describiu como “un paraíso espectacular que agocha infinidade de segredos”. “A Semana Galega da Vela dános unha oportunidade única para achegarnos á Ría de Arousa e coñecer un pouco máis dun dos mellores tesouros naturais que temos en Galicia”, dixo.

O mandatario galego salientou a importancia de que esta terceira edición da Semana Galega da Vela coincida co décimo aniversario “dunha das nosas mellores instalacións deportivas” como é o Centro Galego de Vela e informou de que o vindeiro domingo disputaranse na dársena do CGV as medal race de todas as disciplinas que abrangue como Optimist, Láser, Windsurf, 420 e radiocontrol 1 metro, así como co Trofeo Ibérico de Optimist. Nesta nova edición participarán uns 200 regatistas polo que se consolida o incremento dun 60% de participantes acadado pasado ano.

A Secretaría Xeral para o Deporte leva investidos preto de 2,5 millóns de euros na Real Federación Galega de Vela desde 2009, contando só o importe dos convenios de colaboración. Un crecemento que este ano consolídase cunha achega de 244.603 euros, un 11% máis que en 2018 e a contía máis alta desde que temos rexistros. A de vela é a cuarta federación que máis cartos recibe e a terceira que conta con máis deportistas galegos de alto nivel, un total de 29.

No transcurso da presentación da Semana Galega, os responsables da Federación tamén presentaron as furgonetas de nove prazas, recentemente adquiridas, para o desprazamento das seleccións galegas aos eventos de vela lixeira e tamén para o apoio a regatistas de alto nivel da vela lixeira galega. A Secretaría Xeral para o Deporte ofrece tamén axuda ás federacións e clubs para material deportivo a través da orde de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos que conta neste 2019 cun crédito orzamentario de 603.700 euros, un 45% máis que o destinado en 2018.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre