Inicio Galicia Lete Lasa participa na Gala XXV Aniversario do Campus Memorial Antonio Díaz-Miguel...

Lete Lasa participa na Gala XXV Aniversario do Campus Memorial Antonio Díaz-Miguel que ?espalla o legado do adestrador e ensina os valores do deporte aos nosos pequenos?

0

Desde o ano 2000 o Campus Díaz-Miguel acolle cada ano en Mondariz-Balneario a preto de 400 nenos e nenas nas súas dúas entregas -primeira e segunda semana de xullo-

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe na Gala XXV Aniversario do Campus Memorial Antonio Díaz-Miguel.

Tras lembrar brevemente a historia do Campus que o adestrador de Ciudad Real iniciou no ano 1992 e que pasou por Madrid, Getafe e Mallorca antes de chegar a Galicia, o titular do Deporte galego recoñeceu a “eterna sabiduría e capacidade de Díaz-Miguel, así como o saber facer e a intelixencia de dúas persoas como Pepe Casal e Fernando Romay que non dubidaron en protexer cuidadosamente a grande herdanza que nos deixou Antonio cando faleceu de xeito prematuro no ano 2000”.

Deste xeito, o secretario xeral celebrou que o Campus sume xa vintecinco edicións ensinando todos os valores do deporte a rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos. O Campus Díaz-Miguel acolle cada ano a preto de 400 nenos e nenas nas súas dúas entregas -primeira e segunda semana de xullo-.

Lete Lasa asegurou que “desde a Xunta tamén queremos continuar espallando o legado de Díaz-Miguel, polo que neste ano incrementamos o convenio coa Federación Galega de Baloncesto que alcanza, sumada a axuda de Igualdade, os 288.822,47 euros, un 40% más que en 2018”. Precisamente no eido da igualdade salientou que das 14.178 licenzas galegas de baloncesto, máis do 38% son de mulleres, unha porcentaxe que aumenta no programa Xogade xa que dos preto de 130.000 nenos e nenas, o 14% practica baloncesto e destes, o 43,5% son nenas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre