Inicio Galicia Lete Lasa informa sobre o modelo galego de desescalada deportiva que a...

Lete Lasa informa sobre o modelo galego de desescalada deportiva que a Xunta prepara con cada federación para a análise da situación nacional na reunión celebrada con ADESP

0


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe nunha reunión virtual coa Asociación del Deporte Español (ADESP) na que se analizou a situación do deporte e da actividade física no panorama nacional. Neste sentido valorouse o Plan de Desescalada presentado polo Goberno central e, nomeadamente, os puntos que afectan á actividade deportiva como a posibilidade de facer deporte individual a partir do 2 de maio.

Ao fío desta idea, o mandatario galego informou sobre o Plan de Contixencias que a Xunta está a elaborar en coordinación coas federacións e coa participación de expertos, para planificar o futuro da actividade física e o deporte en Galicia. Un estudo no que se concretará en detalle cando e como recuperar á normalidade deportiva e de competición.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre