Inicio Galicia Lete Lasa enumera "as instalacións, a experiencia e a calidade dos nosos...

Lete Lasa enumera "as instalacións, a experiencia e a calidade dos nosos deportistas" como garantías de que Galicia acolla grandes eventos como o Campionato de España de Supermoto

0

Sitúa o papel da Secretaría Xeral en “garantir que pilotos con futuro sigan pelexando e adestrando duro para chegar o máis lonxe posible, motivalos e acompañalos para asegurar que a xeración máis nova e esperanzadora do deporte galego continúe escribindo páxinas douradas na nosa historia”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou hoxe na presentación da terceira proba do Campionato de España de Supermoto que terá lugar esta fin de semana no circuíto da Madalena de Forcarei. Na súa presentación, o mandatario galego destacou “as instalacións deportivas, a experiencia organizativa e a calidade dos pilotos de Galicia” como as tres variables que fan posible que a comunidade galega acolla eventos tan importantes coma este campionato de España ou o Campionato de Europa que se celebrará os vindeiros 24 e 25 de agosto.

Neste sentido destacou o circuíto da Madalena, localizado en Soutelo de Montes, no que “podemos levar a cabo probas de nivel” grazas as obras levadas a cabo polo concello pontevedrés. Do mesmo xeito gabou a “experiencia organizativa sobresaínte de Galicia” xa que “son moitos os eventos de motor que a nosa comunidade organiza e que xa teñen o recoñecemento nacional e internacional”.

Por último fitou cara á calidade dos pilotos galegos e destacou o caso de Marco Díaz, “un rapaz de 14 anos que está brillando coa moto de 85 centímetros cúbicos e que xa prepara o seu salto a categorías superiores con motos máis pesadas”. “O noso papel como Secretaría Xeral para o Deporte é garantir que pilotos con tanto futuro como Marco Díaz sigan pelexando e adestrando duro para chegar o máis lonxe posible, motivalos e acompañalos para asegurar que a xeración máis nova e esperanzadora do deporte galego continua escribindo páxinas douradas na nosa historia”, apuntou.

A proba do Campionato de España de Supermoto de Forcarei será a terceira dun calendario que vén de Albaida (Valencia) e Kotar (Burgos) e que tras a parada galega viaxará a Guadassuar (Valencia) e Alcarrás (Lleida). Participarán un total de 66 pilotos entre os que destacan grandes nomes do motociclismo internacional como Markus Class (Alemaña), Raoul Tschupp (Suiza) e Ferran Cardus (España).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre