Inicio Galicia Lete Lasa entrega ao Clube Balonmán Cañiza unha furgoneta valorada en 24.400...

Lete Lasa entrega ao Clube Balonmán Cañiza unha furgoneta valorada en 24.400 euros e adquirida a través da orde de subvencións de equipamentos

0
image_gallery.jpg

Os importes das subvencións son o 80 % do investimento subvencionable mentres que a porcentaxe restante é achegada pola entidade beneficiaria


A Cañiza (Pontevedra), 15 de novembro de 2020-. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, entregou hoxe ao Clube Balonmán Cañiza unha furgoneta para os desprazamentos do equipo adquirida a través da orde de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos. A entrega do vehículo realizouse instantes antes do partido do equipo pontevedrés contra o Gourmet Ampate Lanzarote, correspondente á sétima xornada da Primeira Nacional Masculina.

Grazas a esta convocatoria, resolta o pasado 10 de setembro de 2020 e publicada no Diario Oficial de Galicia, un total de 29 clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas, ademais de 10 federacións deportivas galegas víronse beneficiadas con axudas para adquirir os seus equipamentos, ata un importe máximo de 602.837,90 euros. Os importes das subvencións son o 80 % do investimento subvencionable mentres que a porcentaxe restante é achegada pola entidade beneficiaria.

No caso do Clube Balonmán A Cañiza, o equipo ademais da furgoneta valorada en 24.400 euros tamén adquiriu ao abeiro desta orde porterías (1.107,59 euros) e un desfibrilador e caixa de primeiros auxilios (865,34 euros).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre