Inicio Galicia Lete Lasa destaca que o deporte contribúe "de xeito insubstituíble" ao desenvolvemento...

Lete Lasa destaca que o deporte contribúe "de xeito insubstituíble" ao desenvolvemento persoal e social na presentación do libro 'Xogo limpo' de Martín del Burgo

0

Gaba ao autor como “unha das voces máis autorizadas e prestixiosas deste país no ámbito deportivo”


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación do libro de Javier Martín del Burgo, ‘Xogo Limpo. O valor educativo e social do deporte’. O mandatario galego gabou ao autor como “unha das voces máis autorizadas e prestixiosas deste país no ámbito deportivo, experimentado coñecedor do deporte e da actividade física, un experto e agudo analista da realidade poliédrica deste fenómeno deportivo que carece de límites e atópase en continua expansión”.

No que respecta ao exemplar, Lete Lasa definiuno como “un proxecto necesario” xa que “reivindica o espazo lexítimo que o deporte e a actividade física teñen na sociedade, e subliña o enorme peso que teñen os valores do deporte na formación integral do individuo e da sociedade na que se integra”. Dentro destes valores enumerou algúns como a autodisciplina, superación, solidariedade, sa competencia, respecto do adversario, integración, loita contra a discriminación, espírito de equipo, tolerancia ou o propio xogo limpo.

No que respecta ao traballo da Secretaría Xeral para o Deporte en prol do xogo limpo, o titular da carteira deportiva fixo referencia ai programa Xogade, iniciativa que xunta toda a oferta deportiva, de actividade física e lúdica promovida polo Goberno galego e na que “apostamos por unha práctica deportiva humanista, educativa e saudable, e onde, como non, facemos especial incidencia sobre os valores educativos e formativos asociados ao deporte”. “Esta é a nosa aposta: a convicción da insubstituíble achega do deporte e a actividade física ao desenvolvemento persoal e social”, concluíu.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre