Inicio Galicia Lete Lasa destaca os protocolos e as medidas da Xunta que evitan...

Lete Lasa destaca os protocolos e as medidas da Xunta que evitan contaxios como no caso do Teucro-Adrianenc na presentación do Medio Maratón de Pontevedra

0
image_gallery.jpg

Esta será a primeira competición de ruta desde a reactivación do deporte galego, "unha proba para a futura organización de máis eventos de fondo e para examinar o protocolo covid elaborado pola Ximnástica de Pontevedra e o Concello e baseado no FISICOVID"


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe da presentación do XXXVIII Gran Fondo-XXV Medio Maratón Pontevedra 2020. Alí, comentou que, como hai máis de medio século a participación de Kathrine Switzer, como a primeira muller nun maratón, este maratón da cidade do Lérez tamén marcará un “antes e un despois”.

Deste xeito, esta será a primeira competición de ruta que se levará a cabo en toda España desde a reactivación do deporte, “unha proba para a futura organización de máis eventos de fondo e para examinar o correcto funcionamento do protocolo covid elaborado pola Ximnástica de Pontevedra e o Concello”.

Este protocolo, dixo o secretario xeral, está baseado no manual FISICOVID-DXT GALEGO, dispoñible para todas as federacións desde o 15 de xuño e sobre o que se construíron tamén os 58 protocolos específicos que fomos aprobando de todas as modalidades deportivas.

Naquel momento, dixo Lete Lasa, Galicia abandonou o estado de alarma sendo a primeira comunidade en facelo pola súa menor taxa de incidencia de contaxios. “Hoxe, Galicia segue estando no primeiro vagón das comunidades con mellores datos xunto con Canarias, Valencia e Asturias, e iso é grazas ás medidas implantadas desde a Xunta e ao comportamento exemplar dos nosos cidadáns”, sentenciou.

O mandatario galego valorou o protocolo do Medio Maratón de Pontevedra, baseado tamén no FISICOVID, como “moi acertado en todas as medidas que ordena, tanto as xerais como as específicas para antes, durante e despois do evento e tamén na cerimonia de premiación”. Un protocolo, dixo, que permitirá que o deporte galego siga sendo seguro, como xa o é, especialmente desde que a través da Orde do 30 de setembro de 2020 esixiuse a obriga de “test serolóxicos ou probas similares” tanto aos equipos e deportistas galegos como aos equipos e deportistas procedentes doutras comunidades no ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto.

O secretario xeral referiuse a esta medida porque precisamente na cidade de Pontevedra estaba previsto para o día de mañá o partido da Sociedade Deportiva Teucro contra o Handbol Adrianenc. Lete Lasa informou de que o equipo catalán vén de solicitar a suspensión do encontro porque tras a realización dos tests esixidos pola Xunta de Galicia detectou varios casos de infección.“A Xunta tenta evitar estas situacións con estas medidas. Non pode haber deporte sen protección. E así o seguiremos facendo para poder seguir presentando tamén, probas tan importantes como esta”, concluíu.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre