Inicio Galicia Lete Lasa destaca os números do atletismo galego que converten a Galicia...

Lete Lasa destaca os números do atletismo galego que converten a Galicia nunha ?comunidade líder? na véspera do ?mellor campionato de España da historia?

0

A de atletismo é unha das federacións deportivas que máis se achegan á porcentaxe ideal de distribución entre sexos cun 43,5% de mulleres federadas


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe na mesa redonda sobre o atletismo español xusto antes de que dea comezo o 56º Campionato de España Absoluto de Atletismo en Pista Cuberta que terá lugar entre o 29 de febreiro e o 1 de marzo na pista cuberta de atletismo de Ourense, inaugurada pola Xunta de Galicia o pasado 18 de decembro de 2017 como unha das tres mellores de España e a que conta coa tecnoloxía máis moderna. O secretario xeral asegurou que este campionato será, como dixo o presidente da federación nacional, Raúl Chapado, tamén presente no foro, “o mellor campionato de España de atletismo da historia”.

Lete Lasa gabou os éxitos do atletismo galego que sitúa a Galicia como “unha comunidade líder no conxunto do Estado” sendo a comunidade autónoma con maior número de clubs con actividade (246) e a segunda en canto a número de licenzas. Precisamente, as 7.702 licenzas coas que conta o atletismo galego sitúan á federación galega como a oitava en canto a número de licenzas en Galicia pero a cuarta en número absoluto de licenzas femininas (3.353). De feito, a de atletismo é unha das federacións deportivas que máis se achegan a esa porcentaxe ideal de distribución entre sexos cun 43,5% de mulleres federadas.

Nos seu relatorio, o mandatario galego fixo un repaso á historia da Federación Española de Atletismo, nada en 1920 e que contou con Gabriel María de Laffite como primeiro presidente. Dende aquela, moitas cousas teñen cambiado polo que situou o crecemento e a sustentabilidade do modelo deportivo como un dos principais retos do atletismo así como o fomento do deporte feminino. “Para crecer hai que innovar e prestar o mellor dos servizos aos destinatarios, hai que seguir dando espectáculo pero tamén facer que a xente participe del”, dixo.

Neste sentido valorou a importancia do deporte a nivel nacional e mundial, xa que o 66% das grandes marcas españolas está vinculado ao deporte, sinais que fan ver que “o deporte non debe ser interpretado baixo o prisma do gasto público, senón do investimento orientado á vertente sanitaria, saúde pública, benestar e prevención da dependencia”.

Con respecto ás tarefas que a Administración ten enriba da mesa, Lete Lasa falou da dopaxe e apuntou que cómpre “detectar as vulneracións e facer cumprir as normas, sancionando todas as infraccións existentes”, un traballo que “debe ser combinado coa información e a educación que preveña esta secuela, xa non só deportiva, senón social”. Do mesmo xeito referiuse á lexislación deportiva asegurando que “a dotación dun novo marco legal para o deporte español é unha demanda constatada entre unha ampla maioría do sector e axentes deportivos” e advertiu que “non vale calquera texto, calquera nova opción non ten que ser necesariamente válida senón está baseada no consenso, diálogo, e sobre todo, saber que queremos facer e como o queremos facer”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre