Inicio Galicia Lete Lasa destaca o ?talento e a perseveranza? dos integrantes dos oito...

Lete Lasa destaca o ?talento e a perseveranza? dos integrantes dos oito equipos que se verán as caras na fase final da Euroliga 3

0

Destaca que na última resolución de recoñecemento dos deportistas galegos e galegas de alto nivel a Fundación Deporte Galego vén de recoñecer a un total de 10 deportistas con discapacidade, o máximo histórico desde que se recoñecen aos DGAN, en 2004

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na mañá de hoxe a Fase Final da Euroliga 3 que terá lugar no Pavillón de Navia do 26 ao 28 de abril tal e como aconteceu en 2016. Nas súas verbas, o máximo responsable do Deporte galego destacou o “talento e a perseveranza” dos integrantes dos oito dos mellores equipos europeos que se verán as caras en Vigo. “Talento, porque só hai que ver as complicacións dun xogo que require tanta destreza como o baloncesto en cadeira de rodas para comprender que para estar na fase final dunha competición europea son necesarias unhas capacidades que non están ao alcance de moitos; e perseveranza porque todos os deportistas con diversidade trasladades ao mundo unha mensaxe de constancia, de forza, de traballo continuo e sobre todo de resiliencia”.

Do mesmo xeito salientou que a Xunta de Galicia acompaña a todos os deportistas con discapacidade e salientou a aposta polo deporte inclusivo e o deporte adaptado que este ano realizará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dos Campionatos Galegos, entre outras medidas. Así tamén subliñou que na última resolución de recoñecemento dos deportistas galegos e galegas de alto nivel “a Secretaría vén de recoñecer a un total de 10 deportistas con discapacidade, o máximo histórico desde que se recoñecen aos DGAN, en 2004”.

Cara o remate da súa intervención, Lete Lasa desexou moito éxito ao AMFIV, organizador da Fase Final, e que “tentará que a Copa non sala de Vigo como xa o fixo en 2016 naquela gran final que permanece gravada na memoria, cando se proclamaron por primeira vez Campións de Europa”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre