Inicio Galicia Lete Lasa destaca Galicia como destino turístico seguro, escenario dos máis importantes...

Lete Lasa destaca Galicia como destino turístico seguro, escenario dos máis importantes eventos e berce dos mellores deportistas, no transcurso do Campionato de España de Surf

0
image_gallery.jpg

Felicita a Guillermo Carracedo, recente campión de España na modalidade de SUP Olas e animou a outras das grandes esperanzas do deporte galego como Gony Zubizarreta ou Vicente Romero


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu na mañá de hoxe na praia da Frouxeira á quinta xornada do Campionato de España de Surfing 2020. Alí, o mandatario galego destacou a Galicia como “destino turístico seguro, así como un lugar onde realizar deporte seguro, grazas aos protocolos elaborados pola Xunta de Galicia coas federacións deportivas galegas para minimizar os riscos desta pandemia”.

Así, fixo referencia ao escrupuloso traballo que se está a levar a cabo neste Campionato de España onde se esixe o cumprimento da normativa da Xunta e o rexistro de viaxeiros, así como do protocolo da Federación Española de Surf e tamén lembrou a celebración hai 15 días do Abanca Pantín Classic Galicia Pro como un exemplo de boa organización.

Os protocolos galegos, dixo o secretario xeral, parten dun modelo (FISICOVID-DXTGALEGO) elaborado durante o confinamento con expertos das tres universidades galegas e que foi posto a disposición das federacións xusto na mesma semana que Galicia saía do estado de alarma, sendo a primeira comunidade en facelo. Lete Lasa destacou tamén o esforzo de todo o tecido deportivo galego nas últimas datas baseado no “consenso e no traballo en equipo que resume o que é o deporte”.

O secretario xeral gabou o traballo da Federación Española de Surf, así como da federación galega que trouxeron este “gran campionato a este escenario idílico da praia da Frouxeira, de Valdoviño e de toda a comarca de Ferrolterra”. Neste sentido felicitou a Guillermo Carracedo, recente campión de España na modalidade de SUP Olas e animou a outras das grandes esperanzas do deporte galego como Gony Zubizarreta ou Vicente Romero.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre