Inicio Galicia Lete Lasa destaca a unión de turismo e deporte como unha sociedade...

Lete Lasa destaca a unión de turismo e deporte como unha sociedade coa que Galicia só pode gañar na presentación do Congreso Ibérico de Turismo Deportivo no marco de Sportur

0

Enumera algúns dos activos máis importantes cos que conta Galicia como “as nosas montañas, os nosos ríos, os nosos mares, as experiencias de turismo BTT, as competicións de golf, o Pantín Classic, o sendeirismo, os deportes acuáticos, as carreiras populares e sobre todo o Camiño de Santiago”


. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada territorial da Xunta na provincia, Marisol Díaz, presentou na mañá de hoxe en Expourense o I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo no marco do Salón do Deporte e do Turismo Activo ‘Sportur Galicia’, que “xorde como a mellor idea para complementar a feira cun amplísimo programa de actividades e unha lista de relatorios impartidos polos mellores profesionais do sector”. O Congreso nace como un espazo no que, “partindo da valiosísima infraestrutura coa que conta Galicia, coñecer casos de éxito de destinos e modelos españois e internacionais que poden ser adaptados e reproducidos por outras entidades”. Na presentación tamén participaron o presidente da Deputación, José Manuel Baltar, a concelleira de Turismo e Termalismo, Flora Moure e a directora de Expourense, Emma González.

Nas súas verbas, o secretario xeral destacou o sei convencemento de que combinando “turismo e deporte, ou o que é o mesmo, deporte e turismo, a nosa sociedade gaña enteiros”. Neste sentido lembrou algúns dos activos máis importantes cos que conta Galicia como “as nosas montañas, os nosos ríos, os nosos mares, as experiencias de turismo BTT, as competicións de golf, o Pantín Classic, o sendeirismo, os deportes acuáticos, as carreiras populares e sobre todo o Camiño de Santiago”.

Respecto ao paraugas que acolle o Congreso de Turismo Deportivo, a terceira edición de ‘Sportur Galicia’, Lete Lasa lembrou como “nos seus dous anos precedentes bateu récords ao xuntar nos seus expositores a entidades de Galicia, resto de España, Portugal e mesmo Arxentina, centenares de actividades, máis de 120 expositores e unha media de máis de 10.000 visitantes cada ano”.

No que respecta ao turismo deportivo, o mandatario galego destacou, por unha banda, que “a actividade física é o principal motor do noso benestar xa que nos axuda a consolidar uns hábitos de vida saudables que afasten a posibilidade de enfermidades provocadas polo sedentarismo” e, por outra banda, destacou que “o turismo é un dos principais baluartes dos nosos sistema financeiro”. Neste sentido falou da Estratexia de Turismo 2020 da Xunta na que se contempla expresamente o fomento da práctica deportiva e dos eventos deportivos –con presenza destacada da práctica e eventos náuticos-.

Asemade recordou como España pechou 2018 con 83 millóns de turistas internacionais, cun 12% deles chamados por motivos deportivos. “Debemos aproveitar esta situación para convertela nunha fortaleza de país, tanto en España como en Galicia”, dixo. “Canto máis promocionemos as nosas experiencias deportivas como reclamo, máis hábitos saudables estaremos a fomentar nos nosos cidadáns e contribuiremos á consolidación desa sociedade activa e saudable que tanto anhelamos desde o noso Plan Galicia Saudable”, engadiu.

I Congreso IbéricoO I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo celebrarase en Expourense os días 14 e 15 de novembro de forma paralela e complementaria á terceira edición de ‘Sportur Galicia’, Salón do Deporte e Turismo Activo. O Congreso está organizado pola Secretaría Xeral para ou Deporte, a Axencia Galega de Turismo, a Deputación Provincial de Ourense e Expourense e conta coa colaboración da Asociación do Deporte Español e do Concello de Ourense. Trátase dun evento dirixido aos profesionais do sector como poden ser as federacións deportivas; Pemes e autónomos do sector do deporte e o turismo; Axencias de viaxes; Clubs e empresas do deporte; Alumnado e profesorado de e ensinos deportivos ou turísticos e Administracións públicas con competencia en deporte ou en turismo.

O programa deste congreso dividirase en cinco eixos: políticas públicas, turismo activo e náutico, eventos deportivos, desenvolvemento de destinos e simbiose deporte-turismo.

Contará coa participación de 20 relatores de España e Portugal que son expertos en turismo deportivo, un dos subsistemas turísticos con maior crecemento interanual. Darán a coñecer casos de éxito de destinos e modelos españois e internacionais que poden ser adaptados e reproducidos por outras entidades e que poden resultar inspiradores para o desenvolvemento económico sustentable de destinos turísticos en todo o mundo. Analizaranse ademais as sinerxias existentes entre os sistemas deportivo e turístico, das que xurdirán oportunidades e ideas para as entidades e persoas que conforman ambos os sistemas.

A inscrición para participar no 1º Congreso Ibérico de Turismo Deportivo é gratuíta e debe de facerse a través da web www.congresoturismodeportivo.com.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre