Inicio Galicia Lete Lasa destaca a Liga Galega J70, impulsada pola Xunta e a...

Lete Lasa destaca a Liga Galega J70, impulsada pola Xunta e a Asociación de Armadores, como unha proba desestacionalizada, de gran potencial e que cumpre coa nosa estratexia de turismo

0

Asegura que os obxectivos da competición serán acadados: a consolidación da base náutica invernal, o incremento da frota J70, aumentar a promoción a nivel internacional, a incorporación de equipos femininos ao circuíto, manter a alta participación en eventos internacionais, mellorar a calidade das probas ou conseguir o Campionato do Mundo de 2023

Santiago, 23 de novembro de 2019.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou hoxe na presentación das J70 Vilalia Winter Series 2019-2020 e asistiu á disputa da segunda xornada do ciclo que se completará nas fins de semana do 14-15 de decembro, 18-19 de xaneiro e 15-16 de febreiro. Alí destacou este tipo de navíos como “a clase máis importante do mundo, ou polo menos a que conta con máis barcos navegando polo mundo” e lembrou a aposta decidida que fixo a Xunta de Galicia por estas embarcacións “cando España tiñan máis escépticos que defensores”. Froito do traballo conxunto coa Asociación Española de Armadores da Clase J70, naceu en xaneiro de 2015 a Liga Galega de J70 (winter series e spring series) que xa conta “co mellor rédito posible e cun gran potencial”.

Neste sentido explicou como as J70 Winter Series 2019-2020, presentadas hoxe, reforzan a Estratexia de Turismo 2020 na que se contempla “expresamente o fomento da práctica deportiva e dos eventos deportivos tendo os eventos náuticos unha presenza moi destacada”. “Contemplamos explicitamente desta maneira o fomento do deporte como elemento desestacionalizador, e iso desde dous puntos de vista, o da persoa que o practica e o do espectador”, apuntou.

Deste xeito, o secretario xeral non dubidou que os obxectivos da competición poidan ser acadados como son a consolidación da base náutica invernal, optimizar a relación de Vigo co mar, o incremento da frota J70, aumentar a promoción a nivel internacional, a incorporación de equipos femininos ao circuíto, impulsar á vela galega, manter a alta participación en eventos internacionais, mellorar a calidade das probas ou conseguir o Campionato do Mundo de 2023.

A Real Federación Galega de Vela recibe ademais neste 2019 312.000 euros a través do convenio asinado coa Secretaría Xeral para o Deporte que converte á RFGV na cuarta federación que máis cartos recibe da Xunta. Nestes 312.000 euros inclúense as partidas da Secretaría Xeral da Igualdade (30.000 euros), do Xacobeo (20.000 euros) e do 6.40 (18.000 euros). Estas dúas últimas para o patrocinio do Europeo Júnior de 420 e 470 de Vilagarcía. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre