Inicio Galicia Lete Lasa destaca a capacidade do deporte para salvar vidas na presentación...

Lete Lasa destaca a capacidade do deporte para salvar vidas na presentación do II KiteFest que congregará na praia de Cesantes a 2.000 persoas

0

Tras a presentación, o secretario xeral para o Deporte asinou co TMKiteClub, organizador do evento, o contrato de patrocinio polo que a Xunta patrocina o II KiteFest cunha achega de 2.000 euros


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou esta mañá no Concello de Redondela na presentación da segunda edición do KiteFest de Cesantes que terá lugar esta fin de semana. O mandatario galego gabou o evento deportivo como “unha xornada lúdica e didáctica, unha xornada de convivencia e entendemento e unha xornada nos máis incribles paraxes que agocha Redondela como a praia de Cesantes ou a illa de San Simón”. A axenda do II KiteFest responde a un programa extenso no que ademais do kitesurf tamén haberá actividades de kaiak, paddle surf, bananas ou wakeboard polo que o secretario xeral lembrou a importancia dos deportes náuticos en Galicia que é líder.

Nas súas verbas, utilizou o exemplo de Abel Lago, campión do Mundo e tres veces subcampión de kitesurf, que a día de hoxe dedícase a salvar ás persoas de non morrer afogadas nas praias galegas, para demostrar que o deporte salva vidas. Neste sentido, destacou o programa da Xunta, Galicia Saudable, que ten o obxectivo de reducir as mortes causadas pola inactividade física.

O responsable do Deporte Galego marcou o obxectivo do KiteFest e da Secretaría Xeral para o Deporte en superar o rotundo éxito acadado en 2018. Nesta segunda edición, dixo, “agardamos uns 80 participantes que veñen de Portugal, Italia e España e serán na súa maioría galegos”. Ademais, Cesantes acollerá a unhas 2.000 persoas para desfrutar “do noso deporte, da nosa natureza, do noso turismo e da nosa gastronomía”.

Tras a presentación, o secretario xeral para o Deporte asinou co TMKiteClub, organizador do evento, o contrato de patrocinio polo que a Xunta patrocina o II KiteFest cunha achega de 2.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre