Inicio Galicia Lete Lasa define Forcarei como "unha das mecas europeas do motociclismo" a...

Lete Lasa define Forcarei como "unha das mecas europeas do motociclismo" a cinco días da penúltima proba do campionato continental de supermoto que a Xunta patrocina con 6.000 euros

0

Felicita a Gabriel Marcelli polo recentemente acadado campionato de Europa de Trial e di que son estes triunfos “os que animan a que aumenten as licenzas deportivas da federación que xa subiron un 15% no último ano”


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou no edificio da Xunta en Pontevedra o Gran Premio de España de Supermoto e cuarta proba do Campionato de Europa que se disputará “nunha das mecas europeas do motociclismo” como é o circuíto da Madalena de Soutelo de Montes (Forcarei) os vindeiros 24 e 25 de agosto e que contará cos mellores riders do mundo. Esta proba será a única do europeo que se leve a cabo en España xa que a anterior tivo lugar en Poznan (Polonia) e as dúas primeiras máis a última disputáronse en Italia.

Nas súas verbas, José Ramón Lete agradeceu o traballo da Federación Galega e ao Motoclub VFM que permiten que probas “de esta natureza” teñan lugar en Galicia e que os espectadores galegos teñan a posibilidade de ver en acción a “vinte participantes que veñen de Francia, Italia, Alemaña, Finlandia, Estonia, República Checa, Colombia, Brasil ou Portugal”·. A presencia galega estará garantida na manga paralela á internacional na que competirán outros pilotos nacionais e portugueses.

Do mesmo xeito, Lete Lasa fixo un percorrido polos últimos éxitos do motociclismo galego que atravesa un excelente momento e aproveitou para felicitar a Gabriel Marcelli polo recentemente acadado campionato de Europa de Trial. Son estes triunfos, dixo o secretario xeral, “os que animan a que aumenten as licenzas deportivas da federación que xa subiron un 15% no último ano”.

Sinatura coa presidenta do Motoclub VFMO secretario xeral para o Deporte asinou tamén o contrato de patrocinio desta cuarta proba do Campionato de Europa de Supermoto coa presidenta da entidade vilagarciá, Sandra Fernández. Segundo o acordo asinado hoxe, a Xunta de Galicia outorga ao club a cantidade de 6.000 euros para a realización do evento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre