Inicio Galicia Lete Lasa celebra o ascenso do Xadrez Ourense a división de honra...

Lete Lasa celebra o ascenso do Xadrez Ourense a división de honra tras rematar segundo en Padrón

0
image_gallery.jpg

Xadrez Ourense e Fontecarmoa de Vilagarcía disputaron sete xornadas contra outros seis equipos de Primeira División de todo o país


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu hoxe ao Campionato de España de Xadrez CECLUB de Primeira División onde participan desde o 3 de outubro os clubs galegos Xadrez Fontecarmoa (Vilagarcía) e Xadrez Ourense que compiten contra o Ajedrez Sestao, Oromana (Sevilla), Barberá (Barcelona), Grandama (Las Palmas de Gran Canaria), Virgen de Atocha (Madrid) e Stadium Casablanca (Zaragoza).

O secretario xeral puido comprobar in situ o correcto funcionamento do protocolo covid-19 da Federación Galega de Xadrez para a celebración de este campionato e que está baseado no manual FISICOVID-DXT GALEGO elaborado pola Xunta, que establece as medidas de prevención necesarias para facer fronte para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

Do mesmo xeito felicitou ao Xadrez Ourense polo segundo posto acadado no campionato que significa tamén o seu ascenso a División de Honra e desexou sorte e ánimo ao Fontecarmoa para intentalo na seguinte ocasión.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre