Inicio Galicia Lete Lasa asegura que o novo campo de fútbol de adestramento de...

Lete Lasa asegura que o novo campo de fútbol de adestramento de Pantón e a pista de pádel de Sober "achegarán máis e mellor deporte aos veciños de Lugo"

0

Neste 2020 a Xunta de Galicia continuará incidindo nesta liña de traballo poñendo a punto o mapa de infraestruturas deportivas de toda Galicia e, nomeadamente, da provincia de Lugo


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe os concellos lucenses de Pantón e Sober para visitar as obras realizadas pola Xunta de Galicia no exercicio de 2019 e que xa están completamente rematadas. Ambas actuacións responden a unha das liñas de traballo máis importantes da Secretaría Xeral para o Deporte que se ocupa da construción e reforma das infraestruturas deportivas. Neste 2020 a Xunta de Galicia continuará incidindo nesta liña de traballo poñendo a punto o mapa de infraestruturas deportivas de toda Galicia e, nomeadamente, da provincia de Lugo.

No caso de Pantón, a Secretaría Xeral para o Deporte cofinanciou a realización da construción dun campo de fútbol de adestramentos. O investimento total alcanzou os 71.300,44 euros dos que a Xunta de Galicia achegou 35.000 euros e o goberno local os restantes 36.300,44 euros. Deste modo a actividade deportiva do concello medrará substancialmente e será toda unha mellora para o Campo do Baliño onde xoga os seus partidos o Ferreira Club de Fútbol que actualmente avanza con paso firme no grupo sétimo da Segunda Rexional e ao que o secretario xeral desexou a mellor das sortes para o ascenso.

En Sober, o responsable da carteira do Deporte galego visitou a pista de pádel executada pola Xunta de Galicia cun investimento total de 25.000 euros (24.999,62 euros) financiados integramente polo Goberno galego. Alí, o secretario xeral destacou a importancia desta instalación por tratarse dun deporte como o pádel que aínda non atopou o seu teito e continúa medrando polo que amosou o seu convencemento de que a pista de Centeás provocará un aumento da actividade deportiva na veciñanza de Sober.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre