Inicio Galicia Lete Lasa anima aos 2.500 padexeiros e padexeiras da Federación Galega de...

Lete Lasa anima aos 2.500 padexeiros e padexeiras da Federación Galega de Remo a que sigan "sendo fieis ás tradicións de Galicia, ao noso deporte náutico, ao noso remo e ás nosas traiñeiras"

0

Galicia é a primeira autonomía por número de clubs (43) e a cuarta por número de licenzas (2.433) un 6% máis que en 2018 e un 54% máis que en 2009, sendo destas 2.433, 766 femininas (31,48%)

Marín (Pontevedra), 16 de novembro de 2019.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe na V Gala do Remo Galego organizada pola Federación Galega de Remo e que tivo lugar no Auditorio do IES Illa de Tambo. Alí, o secretario xeral destacou a evolución do remo nos últimos anos que converteu a Galicia na primeira autonomía por número de clubs (43) e a cuarta por número de licenzas (2.433). De feito, Galicia conta cun 6% máis de licenzas que en 2018 e un 54% máis que en 2009, sendo destas 2.433, 766 femininas (31,48%).

O mandatario galego dirixiuse aos padexeiros e padexeiras de Galicia para animalos a que sigan “sendo fieis ás tradicións de Galicia, ao noso deporte náutico, ao noso remo, ás nosas traiñeiras”. “Que sigades inculcando os valores do deporte aos nenos e nenas que comezan a coller unha pa, que lles contaxiades a maxia do remo, as ganas de padexar baixo a bandeira de Galicia”, engadiu.

Na súa intervención lembrou as palabras dun dos mellores remeiros cos que conta Galicia, Rodrigo Conde, recentemente clasificado para os Xogos Olímpicos de Toquio e nas que valoraba o “apoio incrible” da Xunta de Galicia. Lete Lasa destacou que o Goberno da Xunta sempre axudará a aqueles deportistas galegos que teñan bos resultados e como exemplo puxo os catro deportistas galegos de alto nivel (DGAN), os nove deportistas de alto nivel (DAN), ou os 8 bolseiros (6 de tecnificación e 2 de rendemento) que hoxe residen no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, un 33% máis que na tempada 2018/2019.

Do mesmo xeito, o responsable da carteira de Deportes puxo o foco das actuacións da Secretaría Xeral nos 270.000 deportistas que se federan baixo as distintas federacións galegas entre as que destaca a de remo. Por unha banda, grazas ao convenio asinado coa Secretaría Xeral para o Deporte, a federación galega recibe 115.886,30 euros, un 34% máis con respecto a 2018. Por outra banda, o convenio coa Liga Galega de Traíñas neste 2019 chega aos 110.000 euros, un 22% máis que en 2018. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre