Inicio Galicia Lete Lasa anima a medio centenar de loitadores e loitadoras sub 15...

Lete Lasa anima a medio centenar de loitadores e loitadoras sub 15 e cadetes concentrados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

0

O vindeiro sábado 30 deportistas galegos e galegas sumaranse á concentración para disputar o torneo internacional triangular entre as seleccións galega, española e portuguesa


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe a concentración de preto de medio centenar de rapaces e rapazas das categorías sub 15 e cadete de loita que se atopan concentrados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Entre estes 50 deportistas convocados pola selección nacional hai cinco galegos e galegas aos que se sumarán trinta novos deportistas de Galicia (dentro dos que están os dez bolseiros do CGTD) para disputar o torneo internacional triangular entre as seleccións galega, española e portuguesa que terá lugar o sábado 23 no CGTD e co que concluirá a concentración.

Nas súas verbas, o mandatario galego desexou moito éxito aos concentrados aos que lles transmitiu a importancia e os valores do deporte, máxime entre a xuventude. O vindeiro día 25 algúns dos rapaces de loita grecorromana viaxarán a Oslo con motivo da concentración e do torneo internacional de loita que terá lugar en Noruega. A maioría deles participarán no Torneo Internacional de San Blas en Madrid. O 7 de marzo terá lugar o Campionato de España Escolar e Cadete sub 15 e sub 17 en Xixón valedoiro para a clasificación ao Campionato de Europa.

A Federación Galega de Loita conta neste ano 2019 con 120.107 euros a través do convenio asinado coa Secretaría Xeral para o Deporte, grazas á axuda de 11.100 euros achegada pola Secretaría Xeral da Igualdade. Con todo, a federación recibe un 28% máis que en 2018. O número de licenzas (1.950) tamén medra con respecto á anterior tempada nun 50%, das que o 35% son femininas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre