Inicio Galicia Lete Lasa amosa o apoio da Xunta ao primeiro Campionato Galego de...

Lete Lasa amosa o apoio da Xunta ao primeiro Campionato Galego de Tenis Praia que terá lugar esta fin de semana en Samil

0

Destaca que “o tenis é un deporte que se atopa en pleno crecemento” e lembrou que o convenio coa federación galega alcanza os 116.307,21 euros, un 16% máis que o consignado en 2018 


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na mañá de hoxe na Casa do Deporte de Vigo o Campionato Galego Xunta de Galicia de Tenis Praia 2019 que terá lugar esta fin de semana na praia de Samil.

O mandatario galego destacou a importancia dun deporte nacido nos anos 70 e que a partir da década dos 90 definiu as súas regras actuais e que xa conta cun circuíto internacional como é o Beach Tennis Tour. “Hoxe, case cincuenta anos despois dos primeiros pasos do Tenis Praia temos a oportunidade de presentar o Primeiro Campionato Galego da especialidade”, apuntou.

O Campionato Galego de Tenis Praia de Samil será a conclusión dun circuíto galego que xa ten pasado ao longo de 2019 por Samil, Area Morta (Ares), Lombiña (Pobra do Caramiñal), Lourido (Poio) e O Xuncal (Ares). Nesta final Begoña Montenegro e Diego Negreira parten como favoritos ao ser líderes do ránking galego aínda que seguidos moi de preto por Olalla Fernández e Manuel Muradás. Tamén haberá competición de dobres.

O secretario xeral destacou que “o tenis é un deporte que se atopa en pleno crecemento” e lembrou que o convenio coa federación galega alcanza os 116.307,21 euros, un 16% máis que o consignado en 2018.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre