Inicio Galicia La Xunta pasa o Plan Camgal a fase de alerta tras constatar...

La Xunta pasa o Plan Camgal a fase de alerta tras constatar a asuencia de manchas de fuel nas inmediacións da ría de Arousa

0

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) tamén levantou o peche cautelar do polígono de bateas Ribeira B, que fora decretado de xeito preventivo

A Xunta, a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, vén de pasar a fase de alerta -situación 0- a activación do Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) tras constatar a ausencia de restos de fuel da mancha localizada esta semana nas inmediacións da ría de Arousa, fóra da costa, entre Ribeira e a illa da Rúa.

A Xunta tomou esta decisión atendendo á mellora da situación e en consonancia con Salvamento Marítimo do Estado que coordina o operativo. As embarcacións do Servizo de Gardacostas que participan no dispositivo mantéñense na zona buscando posibles restos de fuel pero irán retirándose progresivamente ao non atopar nada salientable nas últimas horas.

Os medios da Xunta que permanecen na zona xunto aos de Salvamento Marítimo do Estado son os buques Irmáns García Nodal e Paio Gómez Chariño e a patrulleira Punta Falcoeiro con persoal do Servizo de Gardacostas e do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), que realizou seguimento da mancha mediante boias durante todo o operativo. A eles sumáronse onte drons da Axencia Galega de Emerxencias para a inspección da área afectada.

O operativo na zona foi seguido desde o primeiro momento polo subdirector xeral do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, mentres que o Intecmar tamén levantou hoxe o peche cautelar decretado de xeito preventivo no único polígono de bateas que estaba aberto na zona, o Ribeira B, dado que a mancha finalmente non se achegou á súa contorna.

Os niveis de activación do plan Camgal adáptanse aos utilizados por Protección Civil segundo indica o Sistema Nacional de Resposta e son Situacións 0, 1, 2 e 3. A situación 0 actívase cando se sospeita que unha contaminación significativa pode chegar á costa, tanto se procede do mar como dunha instalación en terra. A situación 1 fai referencia ao nivel mínimo de emerxencia, a situación 2 ao nivel medio e a 3 ao nivel máximo de emerxencia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre