Inicio Galicia José Ramón Pardo Cabarcos toma posesión como secretario xeral técnico da Consellería...

José Ramón Pardo Cabarcos toma posesión como secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade

0

Foi nun acto presidido pola titular do departamento, María Jesús Lorenzana

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu esta mañá no complexo administrativo de San Caetano a toma de posesión de José Ramón Pardo Cabarcos como secretario xeral técnico da Consellería.

Neste acto, a titular do departamento destacou a traxectoria profesional e o elevado nivel de cualificación de Pardo Cabarcos e desexoulle “toda clase de éxitos” nesta nova responsabilidade. Pola súa banda, o novo secretario xeral técnico agradeceu a confianza depositada nel pola conselleira e amosou a súa “plena disposición” para traballar arreo desde este cargo.

José Ramón Pardo Cabarcos naceu en Vilalba (Lugo) en 1964. É funcionario de carreira do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia. Licenciado en Dereito pola USC e Máster en Xestión da Calidade da Formación pola UNED, a súa carreira profesional estivo sempre moi vinculada á Administración pública galega. Así, dende o ano 1993 desempeñou diferentes cargos nela, entre eles o de subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario da Consellería de Familia, Muller e Xuventude e o de secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

A súa última responsabilidade, antes deste nomeamento como secretario xeral técnico, foi como subdirector xeral de Réxime Xurídico da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cargo que veu desempeñando dende febreiro de 2015 ata a actualidade. No ámbito docente, José Ramón Pardo Cabarcos foi titor do II Máster en Xestión da Calidade da Formación (UNED), así como relator de diversas conferencias sobre fundacións de interese galego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre